Tumgik
#paisaxe
malofor · 1 year
Photo
Tumblr media
Parte del cartel anunciador de mi exposición de acuarelas en A Coruña, Galicia. La sala de exposiciones está en un edificio de galerías , al cual se accede por Riego de agua. Podéis visitarla durante el mes de marzo , por las mañanas de lunes a sábado (12-14) y por las tardes de lunes a viernes (17-20) #acuarelaart #acuarelaabstracta #watercolor #artgallery #watercolor_gallery #artegalega #artistsoninstagram #landscapeart #paisaxe #arteabstracta #artecontemporanea https://www.instagram.com/p/CpGHV9ps5zO/?igshid=NGJjMDIxMWI=
0 notes
carloskaplan · 2 years
Photo
Tumblr media
107 notes · View notes
castrexo33 · 11 months
Text
Tumblr media Tumblr media Tumblr media Tumblr media Tumblr media Tumblr media
💙𝑴á𝒊𝒔 𝒂𝒍ó 𝒅𝒐 𝒉𝒐𝒓𝒊𝒛𝒐𝒏𝒕𝒆.💚
4 notes · View notes
onosolar · 1 year
Photo
Tumblr media
Ás veces aínda teño añoranzas da 📷 #paisaxes https://www.instagram.com/p/Cn9p2jLNnDD/?igshid=NGJjMDIxMWI=
0 notes
Photo
Tumblr media
nota
esta non é a terra onde eu me ollei quen puidese espir a carne dunha onda oriente que vira lento para me alcanzar cabelo secreto e dor da luz abelá no mar convertida en paisaxe presente de todos os peixes do amor
como cabo abandonado a sede en que a noite é un pequeno reino secreto e sen reis eu sei que aquí hai un raio de inocencia fértil sepulcro de todo misterio
© Manoel T, 2022
84 notes · View notes
eopederson · 2 months
Text
Tumblr media
Paisaje gallego cerca de O Cebreiro, Lugo - Paisaxe galega preto do Cebreiro, Lugo, Galicia, 2011.
8 notes · View notes
kinocube · 1 year
Text
Fume e néboa
youtube
Contando os días para que chegue o inverno, comezamos a ver -de maneira un tanto tardía, para ser xustos- as súas sinais: os días son máis curtos, vai frío, chove, venta e érguese polas mañás unha néboa mesta e húmida que cala os ósos. A xente, como contrapartida, acende a cheminea -no pasado acendería a cociña de ferro- e entón comeza a batalla do fume contra o vapor, do frío e do quente, que caracteriza a atmosfera das mañás frías de novembro -para algúns, noirvembro-.
Néboa, fume, vapor, bafo. Ademais de seren maneiras de representar o frío -ou a calor, segundo o contexto- son elementos visuais que aportan significado ás narrativas cinematográficas. Non estou a falar nesta ocasión dun arquetipo, senón dunha multitude deles, que comparten en ocasións significados, ou formas, ou utilizacións; pero que sempre teñen en común o pertencer a un determinado estado da materia e aparecer tamén na vida cotiá, na nosa realidade, de maneira habitual.
Tumblr media
Pode que o primeiro que se nos veña á cabeza cando pensamos en fume é a expresión cortina de fume, que designa unha táctica de distracción deseñada para cubrir -como o fume cubre a nosa visión- unha realidade incómoda ou non axeitada. É un recurso habitual na película, pero tamén en todo tipos de narrativas, incluídas as cinematográficas. O que pasa é que ás persoas que traballan no cinema gústalles materializar os conceptos, volvelos visibles. O eterno show, don’t tell, “ensina, non contes”. Por ese motivo é habitual esconder as accións das personaxes, as súas identidades e motivacións tras varias capas de fume, neste caso literal.
O fume pode provir da cheminea dunha locomotora de tren ao entrar nunha estación, dun abano na boca dunha personaxe poderosa, dun incendio ou de calquera outra fonte semellante. Adoita ter, a diferencia de outros gases cinematográficos que trataremos a continuación, unha fonte específica -o abano, a cheminea, a fogueira- que tamén permite focalizar o efecto fumegante nunha personaxe, acción ou escena específica sen chegar a cubrir outros elementos en pantalla. É un recurso moi agradecido, se me preguntan, que tamén se usa nas artes escénicas e nos espectáculos en directo, cecais polo dramatismo que transmite ao espectador.
Tumblr media
O fume cobre, e tamén o fai a néboa, pero dun xeito diferente. As particulas que conforman o vapor de auga teñen a particularidade de dispersar a luz, reducindo a súa velocidade de maneira que deixamos de ver o que ocorre a tres pasos de nós. Non temos claro a súa fonte e pode presentarse de varias maneiras; dúas delas especialmente cinematográficas: a néboa baixa que chega até a cadeira, deixando sobre a paisaxe unha capa pálida que oculta os camiños ou a néboa xeneralizada e mesta que desdebuxa as faccións dos personaxes e oculta as accións que ocorren a pouca distancia, e que ocupa toda a pantalla. Mentres a primeira é un recurso propio do cinema de terror e gótico, de calquera filme que queira dar unha atmosfera de suspense, a segunda é un recurso moi interesante que lle outorga aos cineastas un lenzo en branco sobre o que pintar personaxes e outros elementos sen influxo do lugar físico onde se atopan. Sen contexto, polo tanto. Unha maneira brillante de confundir ao espectador deixándolle ver só o que ti queres que vexa.
Tumblr media Tumblr media
Na imaxe, as bruxas de Macbeth en dúas adaptacións cinematográficas: a de Orson Welles (1948) e a de Joel Coen (2021), “pintadas” na néboa.
A néboa pode tamén acoller un valor metafórico relacionado con esa capacidade para cubrir: cubrir as almas, esconder o mal, como no filme Nuit et Bruillard (Alan Resnais, 1956) a néboa representa ao silenzo que arrodeaba ás terribles accións do nazismo. Unha vez máis, voltamos ao mito da caverna.
Tamén existe o smog, unha especie de híbrido entre o fume -smoke- e a néboa -fog- que basicamente describe á contaminación industrial visible en forma de néboa mesta e gris, incluso amarelenta, que estaba por exemplo moi presente no London victoriano do século XIX debido á expansión do tecido industrial das primeiras revolucións tecnolóxicas da época. Tanto é así que no imaxinario ligouse para sempre a época, a cidade e mailo fenómeno de néboa perpetua: sempre imaxinamos a Jack the Ripper envolto na humidade do smog, de noite, co seu perfil recortado levemente pola luz ambárica das farolas de gas.
Tumblr media
Existe outro arquetipo que relaciona a unha cidade cun tipo de emisións de gas concretas: o New York do século XX adóitase representar a través dos rañaceos, dos taxis amarelos, pero tamén dos pequenos géisers artificiais que xorden do chan e se deforman co paso dos vehículos nas rúas molladas da gran urbe. Trátase, en realidade, do New York Steam System, un sistema de calefacción que fai percorrer o vapor a través dos subterráneos da cidade. En ocasións, o vapor tense que despexar a través de tubos que o despiden cara a cidade. É curioso que este sistema fose tan representado no cinema, tanto que para representar cidades diferentes tamén se percorra a instalar pequenas fontes de fume ou vapor que axuden a construír a atmosfera urbana axeitada para un filme. O concepto en si mesmo do vapor, da máquina de vapor que, a partir da primeira Revolución Industrial, comezou a poñer en marcha a era das grandes invencións -e con isto, como xa temos contado, tamén chega a época da telefonía, a fotografía ou do cinematógrafo- foi capaz de inspirar todo un subxénero da ciencia ficción, unha estética, a do steampunk, con algunha incursión cinematográfica.
Tumblr media
Mencionamos xa en varias ocasións neste mesmo artigo unha das palabras clave: atmosfera. É un termo utilizado en todas as artes, pero a nós interésanos a súa aplicación no eido cinematográfico. Defínese habitualmente como o “estado psicolóxico” no que queremos introducir ao espectador, contraposto ao ambiente, que sería o lugar. Pero para producir un estado psicolóxico contreto ao espectador, tamén nos facemos valer de recursos de ambientación, como o é introducir un elemento como a néboa ou o fume á posta en escena. Poñerlle néboa a unha secuencia sempre aporta un valor, que se complementa con outras decisións estéticas como a luz ou o decorado. Cando falamos do fume comentamos o concepto, por exemplo, de cubrir unha acción ou un personaxe. Isto xa pode contribuír a que o espectador se sinta confundido, enganado ou preocupado. De maneira semellante á noite, a néboa ou o fume cubren as accións negativas dos personaxes. Non adoita aparecer, iso si, como un refuxio amable que envolve aos personaxes para acollelos, salvo momentos concretos nos que o contexto, a música, o diálogo ou a coreografía axúdannos a decodificar o significado da néboa desa precisa maneira. Poñamos por caso a néboa que envolve a un barco nunha persecución marítima: para o perseguidor a néboa pode ser unha ameaza aos seus intereses, pero para o perseguido pode representar a súa única oportunidade de saír indemne da situación.
Tumblr media
En An american in Paris (Vincente Minelli, 1951) a néboa si é representada como un refuxio, neste caso, para dous amantes.
A atmosfera é unha das principais cartas coas que xoga o cinema para sorprender ao espetador. Dispón de todos os elementos visuais, escénicos e sonoros para transmitir unha idea atmosférica concreta; tamén se fai valer, por suposto, dos arquetipos que, como espectadores, temos interiorizados. Unha vez máis, o cinema sérvese da nosa propia percepción para introducirnos nunha historia e comprometernos con ela até o final.
2 notes · View notes
eopederson3 · 18 days
Text
Tumblr media
Paisaje rural con valla rota cerca de Portomarin - paisaxe rural con valla rota preto de Portomarín, Lugo, 2001.
0 notes
timriva-blog · 9 months
Text
A pataca, moeda e tubérculo
Francisco Coimbra ambienta en Macau unha historia chea de contrastes Francisco Coimbra ambientou a súa novela en Macau, onde os casinos forman parte da paisaxe cotiá da cidade. Por X. F. Unha muller galega arriba ao porto de Macau para visitar a súa filla, á que lle leva como agasallo unha saca de patacas. O que ignora é que pataca, na antiga colonia portuguesa e hoxe territorio chinés, pode ser…
Tumblr media
View On WordPress
0 notes
jartitameteneis · 1 year
Text
@SerxioMaria
Hai días nos que te sintes orgulloso de ser fillo dunha terra como a miña, na que o peso da historia é esmagante, a memoria da xente: unha fantasía, as paisaxes: un oasis de enxebreza, o patrimonio: un tesouro pétreo. Só nos falta a autoestima para ser conscientes do que temos.
@serxiomaria Hay días en los que te sientes orgulloso de ser hijo de una tierra como la mía, donde el peso de la historia es abrumador, la memoria de la gente: una fantasía, los paisajes: un oasis de ingenio, el patrimonio: un tesoro de piedra. Solo nos falta autoestima para ser conscientes de lo que tenemos
1 note · View note
chainapost · 1 year
Text
Tumblr media
Paisaxe de ascensor
1 note · View note
avpalavea · 1 year
Photo
Tumblr media
🖼️ Este venres 3 de marzo teremos no local da Asociación a experiencia virtual "A orixe dos museos" do proxecto cultural "Un museo en Movemento" do Museo de Belas Artes da Coruña @museo.belas.artes.coruna e a Asociación de Amigos do Museo @amigosmuseobbaacoruna ; proxecto que se atopa dentro do programa de Cultura Accesible e Inclusiva que lidera a Fundación Emalcsa @fundemalcsa 🏺 Haberá dúas quendas ás 18:00 e as 18:40 h. para cinco persoas cada unha (por número de lentes VR empregadas á vez). Recomendados confirmedes asistencia para reservar a praza. 🏛️ A descripción da experiencia é a seguinte: "Apartir de O gabinete do coleccionista, cadro realizado cara 1630 por Fran Francken, explicarase a orixe dos museos e a súa diversidade. Para iso, os participantes poderán penetrar nunha reconstrución virtual deste gabinete do século XVII, onde a educadora compartira espazo con eles para facerlles unha introdución á historia do coleccionismo e explicarlles os xéneros pictóricos representados na escena: o retrato, a pintura relixiosa, representada en cadros como a Epifanía e a Verónica; a mitoloxía, en mitos clásicos como o Xuízo de Paris, o Triunfo de Neptuno e a Dánae, ou a paisaxe, con moitos exemplos neste gabinete. Rematada a visita, os participantes poderán realizar un taller individual consistente no deseño do seu propio gabinete de coleccionista. Para iso, se lles proporcionará un espazo virtual baleiro, que terán que decorar coas obras que escollan dentro dunha selección da colección do Museo. O resultado do seu traballo será exposto no propio museo, unha vez rematados todos os talleres." 🎨 #unmuseoenmovemento #museoenmovemento #belasartes #museobelasartesdacoruña #belasartescoruña #amigosdomuseobelasartesdacoruña #amigosbac #fundacionemalcsa #palavea #santaxema #pontedapasaxe #avpalavea #osnososlares #osnososlarescoacultura #barrioscoruña #coruñea #acoruñamola #avvcoruña (en Asociación de vecinos "Os nosos lares" Palavea) https://www.instagram.com/p/CpQRgWDsB6z/?igshid=NGJjMDIxMWI=
0 notes
carloskaplan · 10 months
Text
Tumblr media Tumblr media Tumblr media Tumblr media Tumblr media Tumblr media Tumblr media Tumblr media Tumblr media Tumblr media Tumblr media Tumblr media
Ruínas da Frouxeira (Foz. Galiza)
9 notes · View notes
castrexo33 · 1 year
Text
Tumblr media Tumblr media Tumblr media Tumblr media Tumblr media Tumblr media Tumblr media
0 notes
notasdecidade · 1 year
Text
Acordar solos
Tumblr media Tumblr media
O noso territorio ten unha topografía accidentada coa que, grazas á súa espléndida fertilidade, a nosa poboación soubo inventar até 40.000 lugares. O noso solo nunca é plano inda que poda semellalo ás veces pola comodidade con que se teñen instalado moitas das nosas vilas e cidades en zonas de pouca pendente que facilitan a mobilidade e a edificación.
A intersección entre a rúa e o edificio; o encontro entre o chan exterior, un plano máis ou menos inclinado, co plano horizontal interior; resume unha parte vital para a cidade, o tránsito de fóra a dentro. Este acordo entre dous planos, un inclinado e outro horizontal, é mellor canto máis se afasta de ser un punto, como vemos en tantas entradas, máis miserables canto menos accesibles; e pasa a converterse nun espazo digno canta maior sexa a xenerosidade dos seus promotores e proxectistas que farán millor cidade canto máis atenta e rica sexa esta aproximación entre pavimentos e lindes públicos e privados.
Unha rampla de acceso pode pensarse como unha rúa que atravesa un edificio e unha escaleira como a prolongación fragmentada do seu interior horizontal. O espazo ao redor dos edificios e os seus múltiples acordos entre ramplas (cada volta máis e mellores) e escaleiras, que dalgunha maneira son rúas e edificios a outra escala, constitúen as dúas estratexias principais a un mesmo conflito, costruír en pendente. Urbanizar o público é tender á horizontal, a suavizar esa pendente, á escorrentía controlada, ao 3% da Quintana para que o dinámico atópese co estático. A casa contén, a rúa desborda. 
A mesma reflexión dos chans pode facerse para os volumes. Aproveitar a pendente, é atender ás oportunidades que ten desprezado gran parte do recente urbanismo-arquitectura insensible ou esquemático. Podemos construír con solos e case sen muros ao encastar en ladeira as edificacións escalonadas, fragmentadas, porosas, atentas ao existente e á continuidade urbana. Pensemos na naturalidade de calquera anfiteatro instalado sobre a pendente coma “unha frase escrita na paisaxe”. Ou en como o artificial faise natural nos nosos cómaros, bancais e terrazas.
E ao contrario, onde vexamos un muro de contención de máis de 3 metros, haberá un problema de inadecuación case seguro e moi probablemente perdeuse unha formidable oportunidade a pesar do excepcional esforzo da devandita construción. Poderían prohibirse estes muros nos plans do mesmo xeito que as pendentes imposibles en novas rúas? Como poden instalarse polígonos industriais, enormes equipamentos ou vivendas sobre pendentes imposibles con movementos de terra absurdos para someter o noso territorio? Como pode ser o acceso rodado a calquera concesionario de coches mellor que moitos accesos aos nosos edificios públicos?
A forma de colisión ou de como se poñen en relación dous planos, o exterior e o interior máis os seus desexables espazos de transición, pode analizarse de forma xeral sen importar tamaño ou escala, desde o humilde acceso desde a rúa a unha vivenda unifamiliar ata a instalación sobre o territorio dunha gran infraestrutura ou polígono. Dependerá da nosa análise inicial e xenerosidade posterior para que se abran paso as estratexias adecuadas e as potencias expectantes que permitan salvar e facer mellores as nosas pendentes.
Tumblr media Tumblr media
Imaxe // fonte:
1. Gran infraestrutura urbana maxistralmente encastada // Google maps
2. Transicións entre o público inclinado e o privado horizontal  // Google maps
3. Equipamento-infraestrutura escenográfica no desnivel // Google maps
4. Amnesia territorial edificada en contra da pendente   // Google maps
38 Sermos, nº 539 , páx. 29 (04/02/2023)
0 notes
Photo
Tumblr media
o mar
ceo que aínda nos chora de súpeto parede unha cidade un bosque péndulo de vento brazos de neve convertidos en peixe ao fin vivos ondeando os nosos soños onde o día nunca será bandeira nin lume tan azuis peixiños do solpor insumisos como a pedra que contén todos os minerais a que xamais nos engana aínda dentro da paisaxe
amor meu lá o vento sen cristais acariñando o teu presente remota morneza das curvas que case anuncian a caricia
© Manoel T, 2022
58 notes · View notes