Tumgik
#gatuchinhos
gatuchinhos · 1 year
Photo
Tumblr media
Boas, Gatuchinhos, son Kati! Tiveron que separarme da miña amiga Lis porque está enfermiña. Non estou acostumada a isto, levo moitos anos convivindo con máis gatos e agora estou un pouco triste. Gustaríame que alguén me adoptase ou acollese. Alguén que pase moito tempo na casa ou que teña xa un compañeiro gato. Non me gusta estar soa 😿 Escribe un correo a [email protected] ou por WhatsApp/Telegram 604035223 Bicos e ronroneos! #Gatuchinhos #Kati #adopta #acolle #colabora #tuxedocat https://www.instagram.com/p/Cp3JJGUMjZF/?igshid=NGJjMDIxMWI=
0 notes
gatuchinhos · 1 year
Photo
Tumblr media
Gatuchinhos! Á nosa Lis diagnosticáronlle megaesófago, un trastorno caracterizado pola perda do ton muscular e da motilidade normal do esófago, que provoca unha distensión flácida do esófago. Precisamos un comedeiro plano e elevado coma os da imaxe para axudarlle a comer sen regurxitar. Alguén nos podería doar un? Grazas de antepata 🐾 #Gatuchinhos #Lis #comederoelevado #megaesofagogato #disfaxia #colabora (at Coruña) https://www.instagram.com/p/Cpf2mUXsdqY/?igshid=NGJjMDIxMWI=
0 notes
gatuchinhos · 1 year
Photo
Tumblr media
O gatiño aparecido na Torre xa está desparasitado e esperando no piso gateira a que alguén o poda acoller. É un gato moi boíño e estamos seguras de que procede dunha casa. A alguén lle soa algún gato perdido destas características? #Gatuchinhos #gatoperdido #TorredeHércules #coloniasfelinas #Coruña #ACoruña https://www.instagram.com/p/Co47cOCM2lQ/?igshid=NGJjMDIxMWI=
0 notes
gatuchinhos · 1 year
Photo
Tumblr media
Hai unha semana apareceu este gato na zona da Torre de Hércules. Seguramente sexa abandoado ou perdido. Vai ser esterilizado para a semana, pero dános moita pena que retorne á rúa sendo un gato moi sociable. Buscamos unha casa de acollida para o noso amigo. Anímaste a acollelo? Escríbenos ao correo electrónico [email protected] ou por WhatsApp/Telegram 604035223 Bota unha pata! 🐈 #Gatuchinhos #acolle #colabora #TorredeHércules #Montealto #Coruña #ACoruña https://www.instagram.com/p/Cozkx4hssGi/?igshid=NGJjMDIxMWI=
0 notes
gatuchinhos · 1 year
Photo
Tumblr media
Pois aquí no voluntariado hai xente que tanto che vale para unha función circense coma para amañar casetas de alimentación para gatos. Así dá gusto 🐈😋 E ti? Seguro que sabes facer (ou queres aprender a facer) moitas cousas! Anímate e únete ao noso voluntariado! Escribe a [email protected] ou por WhatsApp/Telegram ao 604035223 Bota unha pata! #Gatuchinhos #colabora #voluntariado #coloniasfelinas #Coruña #ACoruña (at Coruña) https://www.instagram.com/p/CofN2qBs_8-/?igshid=NGJjMDIxMWI=
0 notes
gatuchinhos · 1 year
Photo
Tumblr media
GATUCHINHOS, QUE ESTAMOS DE ANIVERSARIO!!! Cumprimos 7 anos! 🐈🎂🎉🎈👯‍♀️ Se queredes facernos un agasallo, podedes facer unha doazón económica do seguinte xeito: – A través de Paypal: [email protected] – A través dunha transferencia ao noso número de conta: ES59 1491 0001 2921 4671 6127 Triodos bank Esperamos poder seguir axudando aos gatos rueiros coa vosa axuda 🐱 Bicos e ronroneos #Gatuchinhos #aniversario #Coruña #Acoruña #gato #gatos #rueiros #protectora #agasallo #colabora https://www.instagram.com/p/CoA5YxrMH6X/?igshid=NGJjMDIxMWI=
0 notes
gatuchinhos · 1 year
Photo
Tumblr media
Hoxe as novas son tristes, Gatuchinhos. Tivemos que despedirnos de Catzilla, o noso osiño de peluche amoroso. Cando o recollemos, en maio do 2021, ninguén cría que puidese vivir moitos meses, pero contra todo prognóstico e grazas ao amor e coidados de Laura e David, que o acolleron, tivo unha boa prórroga chea de agarimos e calidade de vida. Hai uns días que levaba dicindo "ata aquí chegamos". Sabiamos que este día chegaría, pero aínda así sempre é duro dicirlles adeus. Estarás sempre nos nosos corazóns, noso grandullón ❤️ #Gatuchinhos #Catzilla #adeus https://www.instagram.com/p/Cn4-_S3MBZ1/?igshid=NGJjMDIxMWI=
0 notes
gatuchinhos · 1 year
Photo
Tumblr media
Moi boas, Gatuchinhos! De novo os gatos rueiros precisan da vosa axuda nas nosas colonias! 🐈 Varias das nosas casetas están situadas en zonas de gran humidade e próximas ao mar e a madeira estase resentindo. Precisan ser reparadas polo ben tanto dos gatos, dos voluntarios e dos posibles viandantes. Necesitamos voluntariado con algún coñecemento de carpintería que nos bote unha pata. 🐈 Precisamos axuda para capturar e transportar gatos, xa que hai un par de zonas que teñen perigo de descontrolarse. 🐈 Necesitamos tamén máis alimentadores para a zona de Montealto-Adormideras. Se podes axudar escríbenos unha mensaxe privada ou por WhatsApp 604035223 Grazas de antepata 🐾 Na foto: Monchiña cheirando se hai un rico. #Gatuchinhos #coloniasfelinas #voluntariado #colabora #Coruña #ACoruña https://www.instagram.com/p/Cncsw-aM4tJ/?igshid=NGJjMDIxMWI=
0 notes
gatuchinhos · 1 year
Photo
Tumblr media
E velaquí as vosas 9 fotos favoritas do 2022, Gatuchinhos! Coma sempre as noticias de adopcións son as que máis vos gustan, e a nós tamén 😼 O noso desexo para o 2023 é poder compartir convosco moitas máis fotos así. Que teñades unha moi boa saída e entrada de ano, Gatuchinhos! Moitos bicos e ronroneos 🐈❤️ #Gatuchinhos #bestnine2022 #bicoseronroneos https://www.instagram.com/p/Cm1dfE2MNy7/?igshid=NGJjMDIxMWI=
0 notes
gatuchinhos · 1 year
Photo
Tumblr media
Gatuchinhos estamos de presentación!!! Estes dous adorables michiños proceden dunha colonia dos Rosales. Son moi boíños e cariñosos. Aínda non están bautizados, pero podes axudarnos a poñerlles nome votando a opción que máis vos guste nas stories. E se queredes adoptar a este par de amoriños, escribide a [email protected] #Gatuchinhos #blackcat #tabbycat #Rosales #Coruña #ACoruña https://www.instagram.com/p/Cmtg4bNMgEC/?igshid=NGJjMDIxMWI=
0 notes
gatuchinhos · 1 year
Photo
Tumblr media
Boas novas, Gatuchinhos!!! Lía foi ADOPTADA! Moitas grazas, Vero! #Gatuchinhos #Lía #adopción #Coruña #ACoruña (at Clinica Veterinaria Coruvet) https://www.instagram.com/p/CmeitDKsqO2/?igshid=NGJjMDIxMWI=
0 notes
gatuchinhos · 1 year
Photo
Tumblr media
Gatuchinhos, o venres é o último día para mercar da nosa lotaría. Podedes facelo en: - @papeleriariazor - @cvcoruvet (esgotada) - @cospesnaterra - online: 1) Facede unha transferencia ao noso número de conta ES59 1491 0001 2921 4671 6127 (Triodos Bank) indicando como concepto "lotería nadal 2022". Recordade que cada participación custa 5€, dos cales xóganse 4€ e 1€ é un donativo para a asociación. 2) Mandádenos un correo electrónico a [email protected] poñendo como asunto "lotería nadal 2022". Nel indicade o voso nome e apelidos, teléfono e número de participacións mercadas. 3) Esperade a contestación ao voso correo onde confirmemos que estea todo correcto. (No caso de non recibir resposta nuns días, chamade ao teléfono 604035223) VEÑA QUE TOCA! #lotería #lotaría #nadal #seguroquetoca #Gatuchinhos #participación #colabora #Coruña #ACoruña https://www.instagram.com/p/Cl4BCBJMX87/?igshid=NGJjMDIxMWI=
0 notes
gatuchinhos · 1 year
Photo
Tumblr media
Boas novas, Gatuchinhos! Mika foi ADOPTADA! Moitísimas grazas, Javier! #Gatuchinhos #adopción #Mika (at Clinica Veterinaria Coruvet) https://www.instagram.com/p/CltVwCesAS8/?igshid=NGJjMDIxMWI=
0 notes
gatuchinhos · 1 year
Photo
Tumblr media
Gatuchinhos! Por fin noticias positivas! Lilo foi ADOPTADO!!! Moitas grazas, Laura! #Gatuchinhos #Lilo #adopción #Coruña #ACoruña https://www.instagram.com/p/ClG1ZKQsUum/?igshid=NGJjMDIxMWI=
0 notes
gatuchinhos · 1 year
Photo
Tumblr media
Volvemos a partillar ao noso Mick. Precisamos unha acollida permanente, xa que é un gato con inmunodeficiencia e cremos que se pode adaptar a vivir nunha casa. É tan boíño que se deixou sacar sangue para facer análise sen ter que sedalo. Nin sequera bufou o pobre. Agora mesmo está nunha gaiola porque non temos outro espazo dispoñible para el. Gustaríache acollelo? Escríbenos a [email protected] #Gatuchinhos #Mick #MickMorritosJagger #acollida #acollidapermanente #tabbycat #Coruña #ACoruña https://www.instagram.com/p/Ck_d4ylsn35/?igshid=NGJjMDIxMWI=
0 notes
gatuchinhos · 2 years
Photo
Tumblr media
Recordades a Mick? É un gatiño que tivo que ser operado e tratado por unha infección na boca. Está completamente recuperado e buscamos unha CASA DE ACOLLIDA PERMANENTE, xa que é un gato moi manexable e POSITIVO EN INMUNODEFICIENCIA FELINA e non nos gustaría devolvelo á colonia. Se podes acoller ao noso amigo Mick, escríbenos ao correo electrónico [email protected] ou por WhatsApp 604035223 #Gatuchinhos #Mick #inmunitos #acollida #Coruña #ACoruña https://www.instagram.com/p/Cj5yoZtsd7o/?igshid=NGJjMDIxMWI=
0 notes