Tumgik
sabeire · 1 year
Text
Monotipia
Impressões digitais limitadas, 10 reproduções por desenho a tamanho 30x30 cm. em papel reciclado com pequenas lascas de madeira visivéis.
Só restam estes quatro desenhos disponíveis.
Tumblr media Tumblr media Tumblr media Tumblr media
6 notes · View notes
sabeire · 1 year
Text
Tumblr media
A Fieiteira e Margarida.
Colagem analógica com vegetais disecados.
0 notes
sabeire · 4 years
Photo
Tumblr media Tumblr media Tumblr media Tumblr media Tumblr media Tumblr media
Colagem digital de agosto ✂
A imagens foram tiradas dos cartões de cigarros ingleses. São postais publicitarias colecionáveis empregadas entre 1875 e 1940 para endurecer as embalagens de cigarros.
1 note · View note
sabeire · 4 years
Photo
Tumblr media
Aquele mar
Fotografías na Limia. Antigo leito da lagoa de Antela, desecada entre o anos 1958 e o 1962 impulsado polo Instituto Nacional de Colonización Agraria. Algunhas destas fotografías acompañan o texto “Aquele mar” que publicou André Taboada Casteleiro na Revista Caleidoscópica
1 note · View note
sabeire · 4 years
Photo
Tumblr media Tumblr media Tumblr media Tumblr media Tumblr media
Monotipos, cadriños con técnicas mixtas (estampación, transfer e ilustración)
Algúns deste cadriños están dispoñibles para a súa venda na lapela de “tenda” neste mesmo blog.
Podes ver máis cadriños no meu Instagram
1 note · View note
sabeire · 6 years
Photo
Tumblr media Tumblr media Tumblr media Tumblr media Tumblr media Tumblr media Tumblr media Tumblr media Tumblr media
Monotipos, cadriños con técnicas mixtas (estampación, transfer e ilustración)
Algúns deste cadriños están dispoñibles para a súa venda na lapela de “tenda” neste mesmo blog.
Podes ver máis cadriños no meu instagram
1 note · View note
sabeire · 6 years
Text
A parede vai falando...
Apareceu un día un debuxo cunha muller no muro tapiado dunha casa derrubada. Na Rúa do Home Santo, en Santiago de Compostela, nun barrio humilde, avellentado, popular e moi diverso culturalmente.
Tumblr media
O debuxo é o dunha muller chorando. Un corpo espido, natural e non sexualizado. Máis grande ca todas nós, coa cabeza lixeiramente inclinada. Apareceu así, á intemperie, no xaneiro de 2017. Tempo despois souben que o debuxo era de Raquel Germade.
Co pasar dos meses, alguén perfurou 9 buracos arredor dos xenitais da muller representada.
En xullo de 2018 alguén cubriu de pintura rosa o corpo da muller: dende os ombreiros ata os nocellos, tapando peitos, ventre e xenitais e deixando ver só as pernas e a  cabeza. Os buracos agora quedaban cubertos de pintura rosa e as bágoas tapadas.
Tumblr media
A finais do verán de 2018 alguén pintou no seu ventre cun rotulador azul permanente a seguinte frase en maiúsculas: “MUSULMANES, BASURA, FUERA” Tamén pintaron unhas liñas perto das perforacións no cemento que cadran á mesma altura dos xenitais da muller.
Hai unhas semanas, en outubro de 2018, alguén riscou a palabra “MUSULMANES” quedando só lexible dúas palabras: “BASURA, FUERA” sobre o corpo espido da muller.
A parede é o campo de batalla de Babara Kruger ou o “Rhythm 0” de Marina Abramović.
Que molesto é o noso corpo, aínda máis se non se axeita á norma, aínda máis cando non se expón para ser visto aos ollos dos homes, aínda máis cando mostra emocións e se humaniza, aínda máis cando se presenta máis grande e poderoso que os corpos reais.
A muro tapiado non se vai revelar.
O sistema fala nesta parede do Home Santo.
Cultura da violación.
Terrorismo machista.
Ventres de aluguer. Leis antiaborto. A violencia obstétrica.
Os piropos. As enrugas evitadas. Os complexos adquiridos.
O sistema fala nesta parede con moitos trazos de varias mans. Os nosos corpos como sendo libros de colorear para que outros lles dean color, connotación, para que se recorten, para que esgacen, se dobren, tapen… se furen. Corpo como continente sen contido. Fixeron da representación dun corpo nunha parede un taboleiro que vai aos poucos mostrándonos a cruel realidade deste patriarcado.
Tumblr media Tumblr media Tumblr media
Esta última fotografía foi tomada en novembro do ano 2019.
3 notes · View notes
sabeire · 6 years
Photo
Tumblr media
Debuxo con calaxe
Atlántica e Antela, 2018
0 notes
sabeire · 6 years
Photo
Tumblr media Tumblr media
Colaxes dixitais para o Novas da Galiza: “O manifesto das privilegiadas” de Rosa Enriquez (núm. 164)
0 notes
sabeire · 6 years
Photo
Tumblr media Tumblr media Tumblr media
AS ESTREMAS
Proxecto fotográfico publicado na revista de fotografía Caleidoscopica
0 notes
sabeire · 6 years
Photo
Tumblr media Tumblr media
Monotipos realizado con planchas de xelatina.
2016
0 notes
sabeire · 6 years
Photo
Tumblr media Tumblr media
Colaxes dixitais publicadas no http://novas.gal/ ilustrando o artigo “Montes e Lumes: um modelo prudutivista” (xaneiro, 2018)
0 notes
sabeire · 6 years
Photo
Tumblr media
Colaxe dixital
xaneiro 2018
0 notes
sabeire · 8 years
Photo
Tumblr media
Colaxe realizado para o cartel da Feira Laborando, feira de experiencias de vida feministas. A Coruña 2016.
Colaxe fotográfica dixital.
1 note · View note
sabeire · 8 years
Photo
Tumblr media
Colaxe dixital realizada para o cartel da III Foliada das Mentiras.
2 notes · View notes
sabeire · 10 years
Text
Capturas do amor romántico
Tumblr media Tumblr media
  Colaxe a partir dunhas fotografías atopada no lixo.
0 notes
sabeire · 10 years
Photo
Tumblr media Tumblr media
Retrato Recíproco con Ruído
Este traballo pareceume ser dende o comezo a búsqueda deses “eus” delas nos que eu me buscaba. Quería dar con algo revelador, atopar a chave desa miña relación con elas, como transcederon en min, como conformaron o meu eu, de que xeito… e co que realmente me atopei foi cun reflexo recíproco, cheo de ideas establecidas, ás veces mitificacadas, outras interferidas pola incomprensión, a incomunicación, a necesidade, as dependencias, o esquecemento, o afecto ou o resentimento.... En última instancia, conformáronme ao concibilas dese xeito, meu, propio e persoal e no que non cabe a posibilidade de ausentar o ruído. Vén a ser logo un traballo sobre a miña mirada sobre elas, porque elas influen sobre min en tanto que eu as vexo dun xeito concreto e con ruído. Retrato Recíproco con Ruído é un proxecto persoal de cinco colaxes, enmarcado dentro da Intervención-exposición ELAS SOM EU, organizada polo FestiVal das Brétemas de Ponteareas.
0 notes