Tumgik
praza-niquelarte · 7 years
Text
O Suído
Tumblr media
Todo patrimonio é importante, o rural e o urbano, o material e o inmaterial, tendo dereito a ser ben xestionado, protexido e ordenado. O Suído como todo shrinking territory precisa un tratamento acorde á súa realidade, un territorio en diminución pero con potencialidade para non ser abandonado.
Todo territorio posúe valores estéticos, produtivos, naturais… pero á súa vez, cada lugar é único. O proxecto O Suído nace coa idea de amosar a singularidade deste espazo común desde o común, a partir do coñecemento e a experiencia de todas aquelas persoas que interactúan con el.
El proxecto é unha iniciativa dun grupo de habitantes e profesionais que buscan valorar, divulgar e conservar o patrimonio material, inmaterial e natural dos concellos que conforman a serra do Suído: A Lama, Avión, Beariz, Covelo e Fornelos de Montes.
O principal obxectivo da nosa iniciativa é facilitar o acceso e a transmisión do patrimonio rural, mediante un modelo baseado no procomún e no establecemento de prácticas de transferencia de coñecemento. Deste modo, poderemos coñecer as distintas formas de ver, sentir e vivir o patrimonio rural como posible xerador de actividade e riqueza, posibilitando aos seus habitantes o desenvolvemento de iniciativas económicas, culturais e sostibles.
Tumblr media
É un proceso de traballo en colaboración e aberto a tódolos habitantes, asociacións, administracións e axentes da zona baseado na ciencia cidadá, onde tódalas partes poidan traballar de forma conxunta, diluíndo os bordes xerárquicos e administrativos polo ben dunha rexión cun alto valor histórico e patrimonial.
O Suído conta con dúas vertentes claramente diferenciadas e marcadas polas provincias de Pontevedra e de Ourense. Esta división administrativa ocasionou que, un lugar que se articulou durante centos de anos de forma conxunta, atópase inconexo na actualidade, onde os habitantes dunha vertente descoñecen a outra, sen ter coñecemento dunha morea de actividades e iniciativas de carácter produtivo, social, cultural e artístico. O proxecto quere xerar esta cohesión social mediante a posta en marcha dun proceso experimental no que o desenvolvemento sexa tan importante ou máis que os obxectivos ou metas conseguidas.
Tumblr media
Buscamos alternativas de diferenciación que escapen da connotación tradicional que se ten sobre o rural como espazo produtivo, así como da visión máis recente como espazo de lecer periurbano. Tentaremos que o rural sexa visto desde outras perspectivas máis rupturistas, onde os seus poboadores teñan voz e cabida dentro dun mundo atrapado pola globalización. O Suído pretende ser un proceso máis que un proxecto que xere un debate interno no rural, sendo os seus residentes e os emigrantes (Brasil, México, Panamá, Venezuela, Suíza…) os que manifesten cales son os seus anhelos, desexos e frustracións, en contrapartida co modelo clásico onde son as institucións ou os profesionais os que toman as decisións. Para iso, puxemos en marcha algunhas estratexias para darlle forma e sentido:
Landmark (osuido.org) Plataforma tecnolóxica de participación aberta e inventario de todo o patrimonio material, inmaterial, natural e humano da serra. A súa vez, buscamos ser un punto de encontro informativo para os veciños dos cinco concellos, rompendo así os límites administrativos, onde pouco a pouco a identidade da serra vaia tendo visibilidade. O desenvolvemento desta web será sempre visto como unha ferramenta que facilite o diálogo non como un fin do proceso.
Re-conexión Posta en marcha de talleres de sensibilización, entrevistas e cotexo colectivo, onde os habitantes marcarán as liñas de actuación e intervención, sendo eles os xestores do territorio. Tentaremos ser facilitadores dentro do proceso para favorecer o diálogo e a conexión entre a comunidade.
Re-coñecendo Buscamos re-conectar á xente coa serra mediante o descubrimento da mesma, a través do desenvolvemento de actividades de recoñecemento do territorio nas que se busque a retroalimentación, o debate construtivo e a vinculación entre os cinco concellos.
Land Art A arte como catalizador que activa procesos e axuda a crear ou fornecer o tecido da comunidade. Buscamos intervencións artísticas que axuden a dinamizar e a poñer en valor a serra e que sirvan para fortalecer a súa identidade. Levamos un tempo aprendendo mediante un diálogo constante con Carlos de Gredos, coordinador do Centro de Arte y Naturaleza Cerro Gallinero, como un bo referente e posible achegamento nun futuro próximo.
Interculturalidade O Suído conta cun gran activo que é a diversidade cultural coa que conta. A gran diáspora da súa poboación a outras partes de Galicia, España, Europa e principalmente América Latina, dota a este territorio dun trazo moi singular e dispar en relación a outras zonas do rural galego. Un elemento en orixe negativo como a emigración a despoboamento deste lugar, deberá de ser visto como un activo que busque sinerxías e outra forma de xestión e lectura do lugar.
En conclusión, buscamos un proceso aberto, onde todas as partes se sintan recoñecidas e representadas, onde o debate sexa constantemente aberto, transparente e público onde os fallos e o conflito sexan os principais impulsores do proxecto.
osuido.org
Tumblr media
0 notes
praza-niquelarte · 7 years
Text
BIComún Teis
Tumblr media
Data: 5 agosto 2017
Hora: 13.00 
Lugar: Carballeira da Guía -Monte da Guía, Teis-
#Salón do MARCO. Un lugar para facer
A investigación experimental Vigo Rebelde, o metal en loita [#VR] comezou o pasado 27 de xuño no #salóndoMARCO cunha primeira sesión na que nos reunimos diversas persoas con inquedanzas comúns para facer, entre todas, #VR. Iniciamos a coprodución desta investigación-intervención colaborativa para percorrer o pasado, presente e futuro da memoria obreira na urbe de Vigo e, con especial protagonismo, no barrio de Teis.
A terceira das intervencións terá lugar no Monte da Guía en Teis: unha exposición participativa con fotografías de bens culturais do territorio que serán intervidos pola comunidade e por aquelas persoas que se acheguen ata alí. Este encontro é posible grazas á colaboración dos organizadores da Festa da Guía e Festa da Sardiña de Teis.
Anímaste a compartir con nós o BIComún de Teis? Esperámoste na Carballeira da Guía, frente ao palco da festa, á 1 da tarde do sábado 5 de agosto.
A galería fotográfica BIComún é unha ferramenta de diagnose colectiva de bens comúns dun territorio específico, neste caso da zona de Teis, que se expón nun espazo social escollido polas súas características, sendo neste caso o Monte da Guía o ben protagonista que foi testemuño das loitas obreiras dos anos 70 e dun pasado común no que, entre todas, poderemos pensar neste presente e nun futuro porvir nun día de festa.
BIComún é un acrónimo, suma das siglas BIC e do Procomún: “BIC, Ben de Interese Cultural, refírese a unha figura xurídica que aparece nas leis de Patrimonio Histórico Español. Cando un ben do patrimonio é declarado BIC, adquire a máxima categoría de protección a prol da súa conservación. A declaración ten lugar a través dun real decreto que xorde dunha decisión política, aínda que como cidadáns temos dereito a lle solicitar á administración abrir este proceso en calquera elemento patrimonial que valoremos como merecedor desta categoría. Na lexislación galega antes do BIC, tamén temos as figuras xurídicas dos Bens Inventariados e Catalogados e o Patrimonio Inventariado nos Concellos, que non sempre aparece na base de datos da administración Compostelana” e “Procomún defínese como os bens que pertencen a todos, que herdamos, creamos conxuntamente e que queremos entregar ás xeracións futuras. O patrimonio, os bens patrimoniais, forman parte del e ademais precisan dun modelo de xestión que nace da interacción dos membros da comunidade. Un concepto que a pesar de estar de actualidade, ten moito tempo xa con nós.”
Tumblr media
A mediadora desta investigación experimental é:
Adela Vázquez é licenciada en Historia da Arte; graduada en Conservación e Restauración de Bens Culturais; mestra en Traballo Social e co-coordinadora do proxecto Niquelarte. Vive en México e traballa entre Galiza e Yucatán co obxectivo de facer visibles comunidades que coidan os bens comúns en ámbalas dúas latitudes.
Na co-produción do #VR estamos Fran García Fernández, Diego Lores, Xavier Dapena, Manuel Gil, María Ríos, Fon Cortizo, Cristina García, Nuria Barreras, Plan Comunitario de Teis, Xenoveva Cordeiro, Asociación Veciñal de Teis, Asociación Xaruma, Martín Roxos, Benito Santos e as que se vaian sumando.
Coordina Fran García Quiroga, comisario do #salóndoMARCO.
Información:
As persoas interesadas poden solicitar información a través do correo [email protected] indicando no asunto: “Vigo Rebelde, o metal en loita”.
A participación é aberta e gratuita.
0 notes
praza-niquelarte · 7 years
Photo
Tumblr media Tumblr media Tumblr media Tumblr media Tumblr media Tumblr media Tumblr media Tumblr media Tumblr media Tumblr media
Imaxes da deriva/roteiro do pasado 21 de xullo no barrio de Teis, Vigo, no marco da proposta Vigo Rebelde, o metal en loita que estamos a facilitar no #salóndoMARCO do Museo de Arte Contemporánea de Vigo. 
O paseo contou co acompañamento de 40 persoas nunha tarde soleada e marabillosa e foi guiado por moitas delas e, especialmente, por Benito Santos - cura obreiro que traballara en Ascón e participou activamente nesas loitas-, pola Asociación Xaruma e o Plan Comunitario de Teis. 
Fotografías capturadas pola lente de Fran García Fernández. 
0 notes
praza-niquelarte · 7 years
Text
Vigo Rebelde / Mapexo Veciñal en Teis
Tumblr media
A investigación experimental Vigo Rebelde, o metal en loita [#VR] comezou o pasado 27 de xuño no #salóndoMARCO cunha primeira sesión na que nos reunimos diversas persoas con inquedanzas comúns para facer, entre todas, #VR. Iniciamos a coprodución desta investigación-intervención participativa para percorrer o pasado, presente e futuro da memoria obreira na urbe de Vigo e, con especial protagonismo, no barrio de Teis.
A primeira das intervencións terá lugar nun espazo habilitado para exposicións no interior do Mercado de Abastos de Teis, na rúa Toural de Abaixo, dende as 11 da mañá do venres 14 de xullo. Logo do xantar mudaremos de espazo, mesmo que concretaremos ao logo destes días e no espazo interior do mercado colocaremos un cartaz coa localización do cambio de lugar nese mesmo día, para as que vaian chegando.
Anímaste a compartir con nós as túas experiencias sobre o movemento obreiro?
Somos un grupo de persoas que estamos a recoller a memoria común do movemento obreiro coa vecindade de Teis a partir dun MAPEXO VECIÑAL no que un mapa do barrio servirá para localizar os espazos afectados e outras memorias. Ven con quen queiras, esperámoste!
Esta investigación experimental sucederá a partires de diversas achegas en diferentes días dos meses de xullo e agosto: mapexos veciñais para localizar espazos afectados e experiencias vividas; roteiros pola urbe de Vigo para recoñecer espazos sociais, recoñecer ás súas xentes e recoñecernos neles; galerías fotográficas de bens comúns para diagnosticar, entre todos, eses bens e, en xeral, facilitar procesos colaborativos arredor da memoria común do movemento obreiro na urbe de Vigo.
Deixamos aquí un cronograma tentativo coas datas e horarios das intervencións que veñen. Haberá tamén unha presentación final no #salóndoMARCO durante o mes de agosto. 
Tumblr media
Na coprodución do #VR estamos Fran García Fernández, Diego Lores, Xavier Dapena, María Ríos, Begoña Calvar, Manuel Gil, Nuria Barreras, Fran García Quiroga, Adela Vázquez, Plan Comunitario de Teis, Asociación de Veciños de Teis e persoas que se van sumando no camiño xunto á vecindade de Teis, persoas que participaron activamente no movemento obreiro nos anos 70, familias, etc...
As persoas interesadas poden solicitar información a través do correo [email protected] indicando no asunto “Vigo Rebelde, o metal en loita”.
A participación é aberta e de valde.
Benvidas!
0 notes
praza-niquelarte · 7 years
Text
Comenzamos a investigación experimental Vigo Rebelde, o metal en Loita
Tumblr media
Vigo Rebelde, o metal en loita [#VR] é unha investigación experimental para percorrer o pasado, presente e futuro das subxectividades situadas/relacionadas coa industria do metal na cidade de Vigo. A través desta proposta pretendemos observar e visibilizar como a cidadanía constrúe movementos sociais que vindican a sustentabilidade das súas propias vidas. Estes movementos sociais son a manifestación dun compromiso, dun afectarse polo dereito á urbe como “ese dereito a facer cidade da maneira que queremos/desexamos” (David Harvey) e como a capacidade que temos as comunidades de afectadas de tecer memorias comúns, transmitíndoas a outras xeracións dende o pasado, no presente e de cara ao futuro.
Queremos dotar de importancia á capacidade que temos as comunidades de afectadas para tecer memorias comúns, pero isto é algo que soamente podemos facer entre todas. Escoitar as historias do pasado é entender como afectan ao noso presente, por exemplo, reflexionando sobre as nosas relacións co noso eido laboral e entre nós mesmas; que significan as nosas protestas, se as hai? que une a precariedade actual coas revoltas pasadas e presentes? en que se diferencian?
Neste proceso son fundamentais a escoita e o acompañamento, por iso en #VR facemos un primeiro chamamento a persoas e colectivos de persoas que queiran conformar unha comunidade de co-investigadores para, entre todas, nos xuntemos a facer Vigo Rebelde o metal en loita e cuestionarnos que imaxinarios produciron/producen estas revoltas? Que outras subxectividades se constrúen a través destes procesos de mobilización cidadá? Que estratexias houbo e como se levaron a cabo fronte a estes procesos de acumulación por desposesión característicos do capitalismo? Que é o que une a estas revoltas urbanas? Podemos pensalas como bens comúns? 
Esta investigación experimental transita ao coñecemento a partires de achegas como derivas pola cidade, cartografías afectivas, mapexos colectivos, debuxos, BIComún e outras que faciliten procesos colaborativos de aprendizaxes mutuas e de rescate das memorias comúns.
https://www.youtube.com/watch?v=JwuLDP4gzt4
Este proceso terá unha duración de 2 meses e 6 sesións de 2 horas no propio #SalóndoMARCO e en diferentes espazos sociais da cidade de Vigo. O bo vivir desta investigación experimental será facilitado por Adela Vázquez de Niquelarte, Asociación Cultural e Axente de Cooperación Galega que traballa dende o ano 2010 entre Galiza e Yucatán (México) en procesos de conservación-acción do patrimonio cultural dende un enfoque procomún entre outras propostas, a través de BIComún.
by: Adela Vázquez/Niquelarte
3 notes · View notes
praza-niquelarte · 7 years
Text
Vigo Rebelde, o metal en loita
Tumblr media
Vigo Rebelde, o metal en loita [#VR] é unha investigación experimental para percorrer o pasado, presente e futuro das subxectividades situadas/relacionadas coa industria do metal na cidade de Vigo. A través desta proposta pretendemos observar e visibilizar como a cidadanía constrúe movementos sociais que vindican a sustentabilidade das súas propias vidas. Estes movementos sociais son a manifestación dun compromiso, dun afectarse polo dereito á urbe como “ese dereito a facer cidade da maneira que queremos/desexamos” (David Harvey) e como a capacidade que temos as comunidades de afectadas de tecer memorias comúns, transmitíndoas a outras xeracións dende o pasado, no presente e de cara ao futuro.
Queremos dotar de importancia á capacidade que temos as comunidades de afectadas para tecer memorias comúns, pero isto é algo que soamente podemos facer entre todas. Escoitar as historias do pasado é entender como afectan ao noso presente, por exemplo, reflexionando sobre as nosas relacións co noso eido laboral e entre nós mesmas; que significan as nosas protestas, se as hai? que une a precariedade actual coas revoltas pasadas e presentes? en que se diferencian?
Neste proceso son fundamentais a escoita e o acompañamento, por iso en #VR facemos un primeiro chamamento a persoas e colectivos de persoas que queiran conformar unha comunidade de co-investigadores para, entre todas, nos xuntemos a facer Vigo Rebelde o metal en loita e cuestionarnos que imaxinarios produciron/producen estas revoltas? Que outras subxectividades se constrúen a través destes procesos de mobilización cidadá? Que estratexias houbo e como se levaron a cabo fronte a estes procesos de acumulación por desposesión característicos do capitalismo? Que é o que une a estas revoltas urbanas? Podemos pensalas como bens comúns?
Esta investigación experimental transita ao coñecemento a partires de achegas como derivas pola cidade, cartografías afectivas, mapexos colectivos, debuxos, BIComún e outras que faciliten procesos colaborativos de aprendizaxes mutuas e de rescate das memorias comúns. Este proceso terá unha duración de 2 meses e 6 sesións de 2 horas no propio #SalóndoMARCO e en diferentes espazos sociais da cidade de Vigo. O bo vivir desta investigación experimental será facilitado por Adela Vázquez de Niquelarte, Asociación Cultural e Axente de Cooperación Galega que traballa dende o ano 2010 entre Galiza e Yucatán (México) en procesos de conservación-acción do patrimonio cultural dende un enfoque procomún entre outras propostas, a través de BIComún.
Para comezar abrimos unha CONVOCATORIA ata o luns 26 de xuño para formar parte da equipa de co-investigadoras. Seleccionaranse un máximo de 10 persoas en función da carta de motivación, e procuraranse perfís variados, dende aqueles máis relacionados coa praxe e co experiencial a outros máis teóricos. Procuramos xuntar persoas con diversos perfís para que poidan acompañar o proceso de maneira granular, é dicir, na medida das posibilidades de cada quen; sempre co-responsabilizándose do rol que desexe asumir.
Máis información na páxina web do MARCO:
​http://www.marcovigo.com/content/vigo-rebelde-o-metal-en-loita-convocatoria-para-co-investigadores
​Benvidas todas! 
#SalóndoMARCO / @MARCOVigo3 / MARCO Museo de Arte Contemporánea de Vigo
Tumblr media
0 notes
praza-niquelarte · 7 years
Text
BIComún, ferramentas mancomunadas de proteción patrimonial
Fai moito tempo que non escribiamos neste blogue e fai uns meses que a nosa compañeira da diáspora, Adela Vázquez, rematou unha investigación colaborada de varios anos que se concretou no marco dun Posgrao en Traballo Social na Universidade Nacional Autónoma de México (UNAM) con sede no Yucatán. 
BIComún, ferramentas mancomunadas de proteción patrimonial. Unha experiencia de intervención social no barrio de Santiago da cidade de Mérida, Yucatán é un traballo de moitas que compartimos en Dominio Público e que foi calificado cunha Mención Honorífica o pasado 2 de xuño, entre Galiza e Yucatán #GalYuc.
Enlace a TESIUNAM
Enlace ao texto en Academia.edu
É un grazas extendido a tódalas persoas que fixeron e fan posible #BIComún e, en especial, ao Barrio de Santiago da cidade de Mérida ♥
youtube
0 notes
praza-niquelarte · 8 years
Link
Compartimos unha reseña que escribimos sobre a III edición do Congreso Internacional de Educación e Socialización do Patrimonio no Medio Rural, SOPACongress, para a revista mexicana ArKeopatías.
0 notes
praza-niquelarte · 9 years
Text
Da acción ao método ou como investigar colaborando
Como xeramos un problema de investigación no eido das Ciencias Sociais? De onde xorde? Para que? Con quen? Prantexámolo en comunidade, “entre todas”? Involucrámonos nos procesos de manera proactiva? Somos conscentes das nosas habilidades e recursos? Partindo da premisa de que todos “aprendemos en calquera momento, en calquera lugar e con calquera persoa” (Zemos 98, 2009:35 e Lafuente, 2014), o investigador é aquí un facilitador dado á tarefa de coñecer para explicar e intervir, empregando metodoloxías que se acomoden ao que e ao para que, e inclúan accións colaborativas.
Tumblr media
A investigación colaborativa entre os diferentes actantes dun territorio (Latour, 2007en Lorendo, 2009:114), produce un coñecemento propositivo e transformador. Coñecer e actuar. Teoría e praxe. Saber técnico e saber cotián. É esta unha maneira de interpretar o que vemos, o que coñecemos? Como poden teoría e praxe dialogar dialécticamente para logralo? E o máis importante, cal é a problemática social que se pensa abordar ou á cal darlle solución?
Interesámonos na investigación participativa porque difire significativamente da pesquisa na súa forma máis tradicional, pois prantexa que tódalas involucradas no proceso se apoderen do coñecemento (Hall, 1983:3). Isto é, o problema de investigación orixínase co grupo, temos como obxectivo un cambio social, traballamos “entre todas” e nos involucramos nos procesos de forma proactiva. O coñecemento é aquí aberto, con ou sen expertos. Somos conscientes das nosas habilidades e recursos para alcanzar obxectivos.
“O investigador, el ou ela, deixa de ser un axente externo ao facer aportes significativos á comunidade. En tódolos casos, o investigador externo vese involucrado moi particularmente no que respecta á creación dunha auténtica capacidade para o análise e a acción colectiva” (Hall, 1983:7).
Tumblr media
@MemoAlonso de IEPA A.C. nos obradoiros de Culturas Libres ao Parque
Para que e para quen?
É ésta a tarefa máis difícil, “para que se fará o que se di que se fará?, é dicir, cal é o problema e o fenómeno social a investigar?” (Rodriguez Balam, 2015).
Referímonos ao materialismo histórico de Gramsci (1971 en Hall, 1983:7) quen define aos investigadores como “intelectuais orgánicos”, é dicir, é a clase traballadora a que toma decisións frente aos axentes externos supostamente especializados, “expertos” que se convirten aquí en meros facilitadores. Gramsci defíneo como a “toma de dominio do pobo mediante o aprendizaxe”, é o que hoxe coñecemos como empoderamento cidadán? Preguntámonos, para que empoderarnos? somos nós os que facilitamos esta tarefa? Ao mesmo tempo que prescindimos da denominación de “intelectuais” dada por Gramsci, pois consideramos que non fai máis que manter a xerarquía do coñecemento. A este respecto:
“Que tan “colectivo” pode ser un proceso de investigación participativa debido ás relacións internas de poder que se dan entre as comunidades e grupos de traballo, e o grao de novo aprendizaxe que os individuos deben emprender dentro do grupo?” (Hall, 1983).
Tumblr media
Prantexamos aquí a problemática social para que cobren sentido estas preguntas. Vexo unha realidade coas miñas lentes, pero como a ven os demais? como unimos múltiples miradas? e que supón unilas? que se deriva deste vínculo? Tomemos como escusa por exemplo, o fenómeno da xentrificación no barrio de Santiago da cidade de Mérida, Yucatán (México). Soñamos unha mellora das condicións do entorno do barrio e dar solución aos obstáculos que alteran o seu quefacer cotián (Melero, 2011:342). Dende os meus ollos, tal fenómeno provoca o abandono de espazos patrimoniais e procomunais que son condeados a esmorecer, así como a perda de identidade e memoria comúns do barrio. Pero a ollos dos seus habitantes, que problemáticas conleva a xentrificación? supón unha destrución dos coidados? A cuestión da propiedade problematízase para pensar, entre todos, como dar solución a partires da toma de decisións conxunta e dos soños comúns.
O feito de non tomar como fin un medio pode ser a clave para lograr que sexa construido “entre todas” e non exclusivamente “para todas”. Destacamos a importancia de traballar nos procesos dende a filosofía do DIY (do it yourself) e DIWO (do it with others) baixo a ética do traballo colaborativo, para a construción conxunta deses soños. 
Este medio define, na miña opinión, o para que e o para quen da coinvestigación: para activar procesos que definan tal problemática e prantexen posibles solucións a partires de técnicas e instrumentos cualitativos como un modo de encarar o cotián e o empírico (Taylor y Bogdan, 1986:15 en Melero, 2011:340); para quen decida involucrarse no proceso como parte da comunidade barrial.
Tumblr media
Taller de afiches en Culturas Libres al Parque
Referencias do texto:
O termo “educación expandida” e a máxima “a educación pode suceder en calquera lugar, en calquera momento foron acuñados polo colectivo Zemos98. O investigador Antonio Lafuente (2014) engadiu á definición a seguinte acepción: “con calquera persoa”.
Retomamos o termo actante como elemento distintivo da teoría actor-rede proposta por Bruno Latour e outros investigadores, que consideran actantes tanto a humanos-vivintes como a obxectos (non-humanos), e discursos, poñendo atención ás redes que se establecen na produción de coñecemento.
"PAR, ou sexa, Participatory Action-Research, adoptouse non so nos países de fala inglesa, senón tamén no norte e centro de Europa; pesquisa participante en Brasil; ricerca partecipativa, enquête-participation, recherche-action,...noutras partes do mundo (Fals Borda e Anisur Rahman, 1992)” en Investigación-Acción Participativa y Mapas Sociales (Alberich, 2007).
Referencias bibliográficas:
Fals Borda, O. (1993). La investigación participativa y la intervención social. Documentación Social, nº 92, Jul-Sep 1993, Págs. 9-22.
Gramsci, Antonio (1971). El materialismo histórico y la filosofía de Benedetto Croce. Buenos Aires: Edición Nueva Visión.
L. Hall, B. (1983). Investigación participativa, conocimiento popular y poder: una reflexión personal. En La investigación participativa en América Latina. 
Melero Aguilar, N. (2011). El paradigma crítico y los aportes de la Investigación Acción Participativa en la transformación de la realidad social: un análisis desde las Ciencias Sociales. Universidad de Sevilla.
Sánchez Criado, T y López, D. (2009). La traducción del cuidado: la teoría del actor-red y el estudio de la interdependencia en la teleasistencia para personas mayores. Estudios de Psicología, 30 (2), 199-213.
Adela Vázquez Veiga
@AdelaVV
0 notes
praza-niquelarte · 10 years
Text
#GalYuc, unha realidade conectada
Fai tempo que non escribimos neste blogue que con tantas ganas comezamos fai xa case dous anos e que, grazas a Praza Pública, sembramos con moito cariño. Pero sempre hai tempos neste camiño de terra agreste, nos que ésta crece, porque tamén é necesario manter a herba sen cortar, ás veces, a monte...pero un monte común que é mantido por varias, non desamparado ao esquecemento; senón pensado, ouvido e falado polas veciñas e veciños do territorio e máis aló...
Tumblr media Tumblr media
          Niquelarte é un deses montes que, fai uns meses, quedou á espera porque as comuneiras espalláronse e tomaron distintas direccións; unha delas cara ás Américas, continente xa de vello coñecido, explorado e vivido, ao que agora voltábamos de novo.
É interesante como cando fas as cousas con paixón, honestidade e bos sentimentos (coma un hácker/ina), non deixas de activalas e seguen ahí, acougando. Ás veces é máis doado do que semella, e simplemente con deixalas fluir, voltan a ser.
Tumblr media
Desta segunda volta á cidade branca da Península de Yucatán, unha das tres Méridas do mundo; da tríada España, Venezuela, Yucatán...chegamos a vivir ao antigo Barrio de Santiago. E decatámonos de que a conexión non era casual, de Compostela a Santiago porque así tiña que ser nesta etapa.
Tiña tempo xa, cando estaba de volta na Galiza, que viña pensando en pór en marcha unha acción, suma de varios actos que se dan de modo natural no cotián, cando habitas nun territorio en conexión con outros e coas túas raíces...Así nace #GalYuc, nun afán por entender esas relacións que de antaño veñen e que, dende fai xa 10 anos eu traio, nós traemos...
Tumblr media
Debuxo que xorde no taller Colaboratorio de relatos #hackmito con Carla Boserman e compañeiras, en abril de 2013, no MedialabPrado de Madrid.
Cando David e Memo, dous rapaces de Mérida Yucatán, tiñan dezaoito e vinte poucos anos, e eu vintecinco, comezaba a observar e a vivir o camiño que eles ían forxando no barrio de Santiago, coa Mamá Ruda y los Skatrastóficos Hijos del Henequén; un aprendizaxe que viña de Los Atómikos Astrorumberos (anos 90), amigos que me ensinaron a vivir Mérida con intensidade, por aquel entón.
Tumblr media
Fotografía de Nelson Pir Atas. Tlapalería Gorocica/Rizoma Comunitario/Colectivo Santiaguero 
Eles son parte do Colectivo Santiaguero Barrio de Soñadores, e eles convidáronme a participar en #CulturasLibres al Parque. Non o dubidei, cando David me conta o conto e me dí que teñen un apoio do estado, máis concretamente do INJUVE (Instituto Mexicano da Xuventude), e que ese recurso que lles chega grazas ao pago de impostos dos contribuíntes será para devoltarlle ao dominio público tódalas accións, á xente do barrio e de máis aló...facer cultura libre é voltar ao espazo público...
O encontro ten lugar en varios días e durante varios meses, a partires do esforzo de moit@s, nunha aposta por activar o espazo público, compartir saberes, producir de maneira colectiva, traballar na e pola colaboración ou transmitir emocións e sentimentos, libremente. Nós, prantexamos un taller de mapeo colectivo entorno ao "patrimonio" musical do barrio nos tres tempos (pasado, presente e futuro), pero tamén aberto á intervención colectiva entorno a eses bens comúns que son de todas, e que están a piques de esmorecer, ameazados, esquecidos...
Tumblr media
Afiche por Colectivo Santiaguero
BIComún, unha sementeira que nace en territorio galego no ano 2013, moi anclada a Yucatán, percorreu xa outros países coma Portugal e agora en México, a adaptación ao contexto nesta outra latitude no tan lonxana, inspíranos a repensar o concepto e a engadir outra definición ao mesmo: BIC= Ben de Interese Común + Procomún= BIComún.
Desta volta insertamos o vocablo Paax, música en lingua maia, porque o encontro e a metodoloxía de diagnose dese ben común, céntrase na música; máis tamén na memoria e identidade do Barrio de Santiago. 
E LAB como laboratorio de procesos, cociña de receitas, prácticas colaborativas, postas en común, xogo no espazo público, ruptura de muros, vivenza e recuperación de espazos que son de todas (@a_lafuente). Unha cociña-laboratorio na que nos adentramos na memoria colectiva do barrio. Unha ollada cara o pasado, dende o presente e pensando-soñando o futuro.
Na preparación do material para o mapeo tomamos como recurso o traballo de Iconoclasistas, que estarán neste mes de setembro no Congreso Internacional de Educación e Socialización do Patrimonio no Medio Rural en Celanova, co seu marabilloso Manual de Mapeo Colectivo. Mesturado ás aportacións de moitas persoas e a creacións propias que sempre son a suma de todas. 
Tumblr media
Este post quere amosar, polo de agora en imaxes e microhistorias, un pouco do que foi este encontro no parque, o día 5 de setembro de 2014 e, nas próximas semanas, en resultados concretos, vídeos e outros recursos que van xurdindo da intelixencia colectiva e que poden descargarse libremente dende a web...
Tumblr media
Donosti e Inglaterra presentes con Cultura Savia, Xixi Li e Alejandro Ashley; Vic e Cataluña presentes...emigración e colectividade presentes (Joan, Llorenç, Guillem, Martí).
Tumblr media
México DF presente, dende Ecatepec xunto a unha parella estupenda que estaba de vacacións na cidade, ela filla dunha muller do barrio; ou xunto a Casilda e Ale do FIIIIMP, Festival de los Mundos Posibles, que leva uns anos activado no porto de Progreso...
Tumblr media
A realidade de Cuxtal, o tesouro de auga para Mérida, compartida por Andrés Morales...
Tumblr media
Arxentina presente dende Benito Juárez da man de María Silvina Irouléguy e Proxecto Huellas; e Mendoza con Chowak Ek e a Murga, o seu motor de vida. 
Isto amosa que non importa a distancia, nin a brecha dixital, nin a onde pertencemos...a realidade é que é posible participar dende calquera lugar, facer en común, desfacer, refacer, recoñecerse, compartir e fusionar identidades...e sempre xorden conexións improbables, coma no caso de Silvina que compartiu connosco, dende a páxina comunitaria que creamos nunha rede social, un poema de José Martí a Benito Juárez, que resulta que viviu tamén en Mérida, Yucatán...
“No queremos hablar de Juárez ahora, sino de un pueblo que hay en la América del Sur llamado por ese nombre. Las maravillas ajenas contamos, como si no las tuviéramos propias...". José Martí, Nova Yorke, 1884.
"En el sur del sur, por la Argentina, la Murga surge a partir de un proceso íntimamente relacionado con la constitución del pueblo inmigrante, que adaptó valores y hábitos de su tierra a la zona rioplatense. No tiene una fecha precisa de aparición. Pero cuentan que durante los años de esclavitud, los negros se reunían en la noche y cantaban sus canciones, se ponían los trajes de frac al revés (con los colores brillantes para afuera), y usaban sus bastones y galeras. Era obvio, se burlaban de los "patrones", y estos (pobres) los dejaban porque no comprendían ese lenguaje. Le cantaban a la tierra y bailaban bajito, y luego miraban al cielo y pegaban patadas para soltarse de los grilletes, eran verdaderas matanzas"...
Tumblr media Tumblr media
Fotografía de Nelson Pir Atas
Tumblr media
Fotografía do mapa turístico do barrio, por Nelson Pir Atas
Tumblr media
Dende Tiholop, mozos e mozas que ese día pasaban polo parque, foron os primeiros en achegarse aos mapas e intervir sobre eles, xunto á súa mestra de xarana (viñan a participar nun encontro de folclore dende lonxe), e contar a realidade dura do seu pobo...
Tumblr media Tumblr media
Fotografía de Claudia Noveo. Grisel, mapeando espazos de lectura na cidade e a parada Paralibros que ela leva a Umán.
Tumblr media Tumblr media
Fotografía de Nelson Pir Atas
Tumblr media
Os mapas fan que as distancias non se sintan e os sentimentos queden plasmados nelas...cartografar é un exercicio de pór en común aquelas cousas que nos "ocupan" a todas, que son nosas, vosas, que veñen de lonxe, de perto, de antaño, de agora e que, algún día, serán presente. Seguimos camiñando entre carreiros, montes, mares, cidades, aldeas ou comunidades...#GalYuc é unha realidade conectada, ficade atentas.
Rematamos o post cunha homenaxe ao Peret, máis tamén coas verbas dunha querida amiga, Ana Cunqueiro, que me ensinou que neste camiño, o riquiñismo é o que paga a pena!
Grazas.
@AdelaVV
1 note · View note
praza-niquelarte · 10 years
Text
#BIComún en México
(Diccionario da Real Academia Galega)
emigración
substantivo feminino
1 Acción e efecto de emigrar. 
A emigración foi a saída para moitas familias sen recursos. 
Antónimo inmigración
A emigración das anduriñas anuncia a chegada do frío .
Confrontar migración
2 por extensión Conxunto de emigrantes.
A emigración galega en México celebra o Día das Letras Galegas.
3 por extensión Circunstancia de vivir emigrado 
Estivo dez anos na emigración...
  ¿É senrazón a emigración?
Unha pregunta que acaba de pasar rauda pola miña mente, máis a resposta non é concisa ao respecto de... Somentes podo dicir, que despois de tempos lendo, escoitando, debatindo, compartindo momentos, conversas, sentimentos, proxectos entre dúas latitudes, #GalYuc é xa unha realidade que fai posible a existencia de Niquelarte, dende os seus inicios, neste presente e, quen sabe se de cara ao futuro...
Vivindo entre Galiza e Yucatán, saltando dun lado ao outro do charco nos últimos tres anos, con períodos máis ou menos estables aquí e aló dende fai case dez. Niquelarte, asociación galega que está a pasar por momentos de cambio necesarios, e cun proxecto activado en diversos territorios que soa e soa, a ritmo de cumbia; volta de novo a este medio de comunicación para falar de movemento, de mutacións, de socialización e conservactivación de bens culturais e bens comúns.
O proxecto BIComún xorde fai xa un ano en Galiza cunha primeira parada no Morrazo, en Bueu, a partir de necesidades múltiples arredor do patrimonio; pero sobre todo entorno a varias preguntas: ¿a quen pertence a toma de decisións sobre o mesmo?, ¿cal foron as accións da administración no pasado, dende o presente e con vías ao futuro?, ¿en que grao participa a comunidade?, ¿como conservalo?, ¿como valoralo?, ¿como reutilizalo?, ¿como xestionalo dende a cidadanía?... Un patrimonio que supostamente “é de tod@s” e, retomando a cita de Antonio Lafuente, “ao mesmo tempo non é de ninguén”.
Tumblr media
Fotografía de @Beatriz Calero 
Antes de #bicomún, e despois de tempo traballando arredor do patrimonio, visitando lugares, recoñecendo outros, traballando en campo, escoitando historias, escribíndoas nun blogue primitivo e, logo, nunha web, facendo rede…decatámonos de que as comunidades non tiñan voz nin voto na toma de decisións ou na xestión do mesmo; e ás veces, segundo os contextos, nin medios nin opcións de aprendizaxe para camiñar en pro da súa cultura e identidade.
E aínda que o centro de interpretación ”x” que colocarían cal mamotreto arquitectónico sobre a montaña con vistas ao mar e un presuposto desorbitado en base a tal ou cal subvención, ninguén quixera empregalo, nin fose necesario…outros moitos espazos posibles quedarían no esquencemento, unha vez máis. E a comunidade non tiña voz nin voto...
Tumblr media
Vivir durante case dous meses nun lindo pobo de nome Tixcacalcupul, situado a 20 minutos ao sur de Valladolid, Yucatán, foi unha das experiencias máis bonitas das nosas vidas. Falo por dous, porque así o compartimos @LlorençP e ésta que escrebe.
Tumblr media Tumblr media
Fotografía de @Beatriz Calero 
De maneira natural e con motísimas ganas de vivir, aprender, relacionármonos e facer amig@s, as transmisións de coñecemento entorno á cultura do pobo e do territorio, sucedíanse co paso dos días. Historias, contos, lendas, patrimonio inmaterial, pasado, presente, futuro…cariño, moito cariño...
Tumblr media
Fotografía de @Beatriz Calero 
BIComún (09) tivo lugar en México o 2 de marzo de 2014. Un cambio de latitude considerable que chegaba con moitas ganas, aquelas que se sentían xa dende Galiza meses antes. Coincidiu co BIComún (10) Malpartida de Cáceres da man dos nosos amig@s e compañeir@s de proxectos, Underground Arqueología. Bicomune_ando simultaneamente no espazo público e cos preparativos da segunda edición da exposición Coñeces Bicomún? que se presentou en Magma Espazo (Ourense), e alí ficará ata principios de abril.
Tumblr media
Fotografía de @Beatriz Calero 
Son xa once os bicomúns que foron prantados en diferentes lugares e territorios, dende Galiza ata México, pasando por Madrid, Extremadura ou Portugal, éste derradeiro na Batalha de man de Sara Costa e cía. A metodoloxía de diagnose vai evolucionando, mutando, mellorando...Porque as ideas crecen e melloran se se comparten (bip, bip Robocicla! ).
Na comunidade maia de Tixcacalcupul, as actividades foron sucedéndose durante dous meses de experimentos e xogos cos nen@s a través do proxecto #hacklendas ou actividades de Recoñecemento Patrimonial cos xóvenes de 5º de bachillerato da preparatoria COBAY durante os dous días previos á diagnose participativa na galería...
BIComún. Tixcacalcupul 2014 from Gabriel Domecq on Vimeo.
Unha experiencia que chamamos BICMoloch en relación ao seu significado en lingua maia: Bens de Interese Cultural agrupados; unha proposta colaborada que, dende Niquelarte, fixemos no marco do proxecto Desenrolo Cultural Municipal de Sedeculta, Conaculta, Axuntamento de Tixcacalcupul e Centro INAH Yucatán para as xentes lindas do pobo. Un regalo que trouxo ledicia e cariño para todos nós/el@s. 
Tumblr media Tumblr media Tumblr media
Fotografías de @Beatriz Calero 
Continuamos a traballar dende #bicomun en propostas e accións que conflúan cara unha nova categoría de proteción patrimonial que, entre tod@s, experimentamos e agora, concretamos.
bicomun.niquelarte.org
Tumblr media
Fotografía de @XeviColell 
Texto por Adela Vázquez Veiga @AdelaVV.
Audiovisuais por Beatriz Calero e Gabriel Domecq.
2 notes · View notes
praza-niquelarte · 11 years
Text
BIComún na Sala Alterarte
Tumblr media
             Para a xente riquiña que se achega ata aquí e máis alá... Estás a piques de entrar nun espazo que asemella ser pechado, máis se te asomas verás que hai unha forte conexión co exterior. Compilado aberto de termos, conceptos, palabras liberadas, imaxes con memoria, pegadas, documentos visuais e sensibles… Coñeces BIComún? Esta é só a primeira pregunta: as respostas están no interior da sala, máis tamén en vós mesmos. Nas paredes reflexivas de definicións, máis tamén nos muros que se constrúen na rúa ou na internet. O espazo público mantén unha xanela co espazo en rede. Muros construidos en obradoiros ou muros que tí mesmo poderás construír... ...bicomunicando, bicolaborando, biconstruíndo, bicomún...
Este é o texto do panel de benvida da exposición Coñeces Bicomún? que, dende o 16 de setembro e ata o 11 de outubro, ocupará as paredes da sala de exposicións Alterarte na Universidade de Ourense.
Tumblr media
Unha exposición que mestura o traballo de reflexión máis teórico coa posta en práctica experimental. Un percorrido polas definicións e preguntas dos conceptos BIC/Procomún/Bicomún. Materiais que chegan de sete meses de traballo na rúa entre Bueu, Vilagarcía, a rede, Madrid, Muxía, Camariñas e, por suposto, Ourense. Máis tamén do coñecemento de xente pro-activa nestes asuntos do patrimonio local e da comunidade. Materiais que nós tan só ubicamos nun muro en branco e que os habitantes-viandantes foron enchendo de cor, de expresións, de palabras, de emocións...
A exposición é un exercicio colectivo, unha invitación a construir realidades próximas xuntos. De aí que tamén houbese oco para os procesos de conservactivación que deseñamos no BicomúnLab o día 3 de setembro e para unha parede interactiva na que podedes xogar a montar definicións múltiples, retos, sonos, realidades máis ou menos efímeras. Pode que estas combinacións de palabras só sexan compartidas cos visitantes da exposición que, como vós se achegan ata ela, ou tamén compartilladas con todos na rede, dependendo do dixitais-analóxicos que sexades ^_^
Tumblr media Tumblr media
Unha mostra que ainda que está no interior da sala, xorde no espazo público como unha galería patrimonial a construir entre tod@s e coma un lugar de conversa que agora traspasa a porta pero eses muros que a pechan, seguen abertos.
BIComún by Xarda from Niquelarte on Vimeo.
E como se trata dunha expo que xorde na rúa, feita de materiais nómadas e reciclables, xa está buscando novos lugares onde chegar. Non queremos gardala e que quede pechada nun almacén; así que a nosa idea é que siga xirando. Quen quere darlle outro pouco de vida nalgunha outra cidade-vila? Parece que na Coruña a xente do Proxecto Cárcere xa se está a animar! ^_^ Grazas Bea Comendador por darnos a oportunidade de traballar libremente cos muros. Graciñas Martiño Xeitura, María e Martín Xarda e a Xulio Zé Arinspunk por axudarnos a idear/facer realidade os deseños dos documentos compartidos. Presentes estades Xabier Bernárdez, Katy Carey, Carla Boserman, Montenoso, Bela Áurea, Imosentrar, Recuperar os Nomes, Biluriko, Antonio Lafuente, Elena Gayo e Observatorio de Arte Urbano, Domenico di Siena, ThinkCommons, Guadalupe Jiménez, Víctor Ulla, alumnos e participantes do BicomúnLAB e xente das vilas e cidades que construides Bicomún. Unha inspiración clave para a montaxe foi #smartcitizens, exposición de Paisaje Transversal que visitamos en Madrid no mes de xuño.
Tumblr media Tumblr media Tumblr media
Paredes que agora recollen comparativamente os bicomúns ourensáns da 1ª galería que se fixo na praza da vila, con algúns BIC escollidos da provincia. Na inauguración diagnosticamos entre todos os asistentes os bens declarados por decreto, e houbo unha morea de activistas! Manifestos BIComún en marcha!
Tumblr media
Texto: María Masaguer e Adela Vázquez
0 notes
praza-niquelarte · 11 years
Text
Un ano de Canibalismo Patrimonial Periférico!
Hoxe estamos de aniversario! Un ano xa dende que, naquela casiña con cheminea ao pé da Rúa Bonaval de Compostela, María e Adela argallaban sobre como nomear a ese blogue que ía formar parte do obradoiro de Praza Pública e Xúlio toleaba xa para lle dar forma cabilando: "onde está o cabezallo amarelo? ;)". E hoxe un aviso na bandexa de entrada do correo de Niquelarte dí: praza-niquelarte faz hoje 1 ano!
Grazas praza.com por nos apoiar, por nos aturar e por compartirnos. Seguimos!
0 notes
praza-niquelarte · 11 years
Text
Rede Arquitecturas Colectivas en Valadares!
Galiza, 2013
Arquitecturas Colectivas precisaba para o 2013 unha paisaxe vectorial e xeolocalizada.
Tumblr media
Deseño por @eiza Jaime Eizaguirre para #aacc_galiza en ThinkCommons/Sesión #DrawingCommons
Tumblr media
Fotografía de Territorio Morrazo, capturando o noso skyline dende o punto máis alto da leira. Vigo é tamén cidade difusa.
O espazo, o Alga-lab, situado na parroquia de Valadares, será este ano sede do VI Encontro de Arquitecturas Colectivas que chega ata Galiza con moita frescura, en tempos revoltos, pero ben envoltos.
Tumblr media
E enREDados están xa colectivos e xente da terra e de máis aló para argallar na súa posta en marcha, facer realidade unha nova reunión entre persoas e colectivos interesados na construcción colaborativa da paisaxe habitada. Libre e abertamente.
A rede constitúe unha ferramenta para o intercambio de coñecemento e a colaboración en diferentes iniciativas, articulando sistemas de comunicación, proxectos comúns e encontros presenciais. AACCGaliza
Hábitat Social, Ergosfera, Flu-or FAME, Tankollectif, Niquelarte, Alg-a Lab, Tecnoloxías Apropiadas, Dexeneroconstrucción...son algúns dos colectivos que están a pór grandes enerxías en organizar o acontecemento. Non é doado, menos nestes tempos traballosos, coller esa firmeza e centrar todo ese potencial; eles están a conseguilo. Paseniño pero decididos, coñecéndose e amalgamándose para tramar #aacc_gz non só para éste 2013.
Fíos de mails e documentos compartidos, reunións on-line e físicas para comezar a ver detrás das tipografías e perfís dixitais a Manu, MaríaM, MaríaR, MaríaN, Fátima, Nacho, Marta, Iago, Pablo, Cristina, Ricar, Luis, Gutier, Juan Miguel, Yago, Ramón, Carolina, José Manuel, Xiao, Alex, Adela e máis...porque han ir chegando neste mes que aínda queda de aventura-experiencia colectiva.
Tumblr media
E tí, queres compartillar e facer arquitectura colectiva? Xa están abertas as inscricións (individuais e colectivas); o planing de aloxamento e comidas a escoller, as temáticas dispostas e a invitación a colaborar e a propór actividades máis que lista!
Se dúbidas, ou aínda non decides, podes esperar uns días e estar atento á web, onde próximamente serán publicadas as fichas de actividade que xa van chegando.
Para máis ideas de que vai isto e esto outro, aquí podedes ollar os grandes encontros pasados, pero presentes. 
O bó vivir, un dos lemas da proposta deste ano...
"O bo vivir, oportunidades para a emancipación e a vida digna”, unha realidade que pode sosterse na nosa sociedade; para tod@s. Un modo de vivir, necesario, co que queremos reivindicar as accións cara un cambio social. 
Tumblr media
Pero falaremos tamén de #rurbano, #metamap, #reUso, #BIComun, #habitat...e tantos outros que irán saindo para configurar unha rede semántica que se apodere das paredes dos nosos espazos.
Tumblr media
Recoñecedes estes módulos? Son, dende hai tempo, parte da Rede. É tempo de compartilos con vós e re-inventalos/re-inventarnos xuntos.
Tumblr media
Eu vou, tí ves?
Home claro, non vou ir...e tí tamén!!! O que aínda non sei é se irei en físico ou en formato vectorial-píxel, mmm. Todo suma para argallar e pór a funcionar a nosa intelixencia colectiva!
Twitter
Hastags: #aacc_net #aacc_galiza
Facebook
Web
Texto: Adela Vázquez e María Masaguer ^_^
0 notes
praza-niquelarte · 11 years
Text
Rotulismo yucateco
                            Feito en México
Tumblr media
Ungüento Vitacilina, a mellor medicina!
Isla Holbox, Quintana Roo
Tumblr media
Perruquería unisex
Camiño de Xpujil a Zoh Laguna, Campeche
Tumblr media
Ranchito La Querencia
Estrada a Holbox
Tumblr media
Carne de vacuno yuca, O establo
Dende o bus, nalgunha estrada de Yucatán
Tumblr media
Darine zapatería
Nalgún lugar de Yucatán
Tumblr media
Tecoh-Necto Ciber
Tecoh pueblo, Yucatán
Tumblr media
Casa particular
Ixcanchacán, Yucatán
Tumblr media
Sofi's House
Sisal, costa yucateca
Tumblr media
A casa de María 
Valladolid, Yucatán
Tumblr media
O muíño da familia de Violeta e Andrés
Valladolid, Yucatán
Imaxes e pés de foto: Adela Vázquez
0 notes
praza-niquelarte · 11 years
Text
MaOs e Feitoría Verde
Despois do Bicomún Bueu (01) e facendo a campaña nos medios dixitais, apareceu un twitt dunha xente chamada MaOs. Abrín rapidamente as redes e atopei un proxecto fermoso de nome Ruralactivo, que parecía recoller perfectamente moitos dos pensamentos que nós, dende Niquelarte, tiñamos sobre a diagnose colectiva do patrimonio no rural.
Tumblr media
Faladoiros 1, 2, 3. O noso patrimonio, o futuro, a nosa realidade, conversas colectivas nos tres tempos verbais.
De súpeto enviamos un chío para convidalos a facer un Bicomún e enredármonos para explorar e investigar ese termo. De aí pasamos a uns correos elecrónicos e, coa mesma, atopámonos nun café polo que transcorreron ideas saídas de experiencias e soños. O amor polo rural é cuestión de actitude.
Como traballar no rural? Como re-coñecelo? Como artellar propostas para imaxinalo?
Tumblr media Tumblr media
Por que decidíchedes traballar no espazo-contexto rural?
 MaOs: No caso concreto deste proxecto, Ruralactivo, porque estamos convencidas de que o rural ten un potencial enorme. Así o demostran moitas iniciativas que se están a desenvolver en Galiza nos últimos anos e que amosan un comportamento positivo malia a crise, principalmente relacionadas coa agroecoloxía, pero tamén co turismo e cos servizos.
FV: Porque pensamos que o medio rural ten moitas das respostas e solucións á situación na que nos atopamos. O medio rural ten un patrimonio natural e cultural moi rico, que é necesario pór en valor e xestionar adecuadamente para que sexa a chave sobre a que construamos un presente e mais un futuro no que vivir na nosa terra, do noso traballo e respectando o medio.
Unha das vosas propostas é facer do patrimonio un motor de desenvolvemento. Que entendedes por patrimonio? Como contribúe e como se articula a vosa concepción de desenvolvemento?
MaOs: Nós entendemos o patrimonio sobre a base dunha premisa imprescindibel: o patrimonio é da xente, é de todos. Acollemos, por suposto, as ideas de patrimonio cultural (material e inmaterial) e ambiental pero querémonos dirixir principalmente aos elementos que forman comunidade, que son froito da súa acción e lle pertencen. Pensamos nos saberes agrícolas, nos oficios, nas festas, nos espazos de encontro, nas prazas, adros, camiños, leiras, etc.
Co proxecto Ruralactivo que estamos a desenvolver nas parroquias de Santa María de Xeve, Santo André de Xeve e Verducido (concello de Pontevedra) conxuntamente con Feitoría Verde, fomentamos a creación de iniciativas de economía social en base ao aproveitamento do patrimonio local. Para iso, traballamos en grupo coa veciñanza destes lugares e, finalmente, é ela mesma quen crea sinerxías entre a xente, xogando coas posibilidades que ofrecen.
FV: Para nós o patrimonio abarca os conceptos tradicionalmente máis vinculados a esta palabra, igrexas, muíños, cruceiros, camiños, tradicións... mais tamén outros como paisaxe, montes, saberes agrícolas tradicionais, ríos, biodiversidade, variedades tradicionais... Para nós o patrimonio é cultural e tamén natural.
O noso concepto de desenvolvemento non está ligado directamente co crecemento económico, ten máis que ver con pór a vida no centro. Coa capacidade dunha sociedade para soster unha boa calidade de vida dos veciños e veciñas e un medio ambiente saudable. E as ideas de dinamización socioeconómica do RuralActivo, dentro da economía social e baseadas no patrimonio das tres parroquias xiran en torno a esta idea.
Tumblr media
Cal é o proceso polo cal unha comunidade rural pon en valor os seus recursos e o seu territorio? Por que é tan necesario?
MaOs: Neste proxecto xuntamos participación social, patrimonio e autoemprego... unha boa mestura. O equipo de traballo realizou unha serie de dinámicas de participación social coa veciñanza destas tres parroquias que serviron para facela consciente de que ela, como conxunto de habitantes do territorio, é a principal coñecedora do seu patrimonio. Ao mesmo tempo, ideáronse de xeito grupal proxectos de autoemprego en base ao aproveitamento dese patrimonio. En resumo, o proceso consiste en prender a chama; o demáis, fica  nas mans da xente que participa no proceso.
 FV: Imaxinamos que hai moitos procesos, e que cada comunidade ten que atopar o seu...O importante é que os procesos sexan participados, que non sexa un proxecto da administración para que a xente o vexa, se non que a xente se molle e que sexa un proceso da cidadanía, de redescubrir e facer seu de novo o territorio no que viven. É por isto que a posta en valor dos recursos do noso territorio é tan necesario. Para poder vivir na nosa terra dos recursos que nela temos, para poder valorizalos e compartilos e para poder polo tanto construír un presente e mais un futuro na mesma.
Faladoiros, diagnose participada que vai da man da diagnose documental. Poderiades explicarnos en que consistiron e como foi ese proceso en Xeve?
MaOs e FV: Os faladoiros son encontros guiados por dinámicas de participación cuxo obxectivo é involucrar a poboación e recoller a información que permita definir as futuras fases do proxecto. É dicir, a xente manifestou que tipo de formación precisaría para levar a cabo determinados proxectos de posta en valor do patrimonio local. Polo tanto, o seguinte paso do Ruralactivo será ofrecerlles esa formación nas súas parroquias.
En canto á diagnose documental e participada, contén os resultados de cada un dos faladoiros e está  completada cun traballo documental sobre estas parroquias, así como información extraída de entrevistas realizadas a persoas cunha vinculación especial con este territorio (como axentes de emprego,  técnicos de montes, comunidades de montes, o presidente da mancomunidade de Pontevedra, etc.). Agora, o documento final é unha ferramenta de traballo, tanto para nós, como para a veciñanza á hora de idear as súas propostas, como para a administración pública.
Tumblr media
Cal son as sensacións, empatías que se xeran na comunidade neses Faladoiros?
MaOs: O caso de Xeve foi moi bo. Contamos con xente con moitas ideas e cunha vinculación co patrimonio e coa terra moi forte. Con todo, é difícil xestionar as súas expectativas, sobre todo no caso dun proceso participado coma este, xa que os tempos son máis lentos aínda que, á vez, os resultados obtidos máis sólidos e duradeiros.
FV: Gustounos que a meirande parte das iniciativas de autoemprego que se empezaron a perfilar nos faladoiros tiñan unha base cooperativa, de colaboración e implicación da comunidade, non de competencia.
Tamén é moi significativa a ilusión e expectación que se xeraron cara á escola de coñecementos, que grazas á implicación das persoas que participaron nos faladoiros estará adaptada ás necesidades e inquedanzas da poboación de Xeve.
Banco de Ideas e Banco de Coñecementos como apostas intermedias necesarias para camiñar cara un horizonte de autoemprego. Cal son e cal é a situación actual desas ideas ou coñecementos? Por que son camiños necesarios?
MaOs e FV: Para chegar ao Banco de Ideas de Autoemprego debemos completar a fase previa de participación na que se irán perfilando as iniciativas máis apoiadas. Nós non podemos saber cal son as ideas de autoemprego que concretará a xente, mais polo de agora detectamos unha tendencia cara a agrogandaría, o turismo e o sector asistencial e de coidados.
Mundo rural e urbano, mundo analóxico e dixital. Como compaxinades as diferentes estratexias de comunicación? Cal é e como se pode establecer segundo vós a relación do rural co mundo dixital?
MaOs: Despois destes meses traballando nas tres parroquias comprobamos que o mellor xeito de dar a coñecer o proxecto foi o boca a boca e que o máis efectivo a nivel comunicativo foron as mensaxes directas ou personalizadas, iso si combinando os sistemas convencionais, como o correo postal e as chamadas telefónicas, con medios dixitais, como os emails e a presenza nas redes sociais.
 FV: Para un sector da poboación (quizáis de maneira máis acusada no rural que nas cidades) o mundo dixital é un mundo aínda descoñecido, isto é importante telo conta, tanto na difusión do proxecto como no deseño das actividades de formación.
Tumblr media
Partindo da visión do voso traballo como aprendizaxe mutuo, que é o máis valioso que vos ensinou a vosa experiencia en Xeve? Que pensades que fostes capaces de conseguir?
MaOs: O máis salientable é o contacto coa xente e a súa realidade así como o xenerosa que é á hora de compartir ideas, opinións, tempo... O labor que fixemos até o de agora é de contacto, mais xa comezan a formarse grupos de persoas con intereses e obxectivos comúns; un paso decisivo á hora de falar de patrimonio, sen dúbida un concepto cuxa dimensión radica no común.
Tumblr media
FV: Traballar cun grupo de persoas de Xeve, participando de maneira moi activa e construtiva durante cinco meses é para nos un logro. E tamén comprobar que as persoas participantes nos faladoiros comparten a nosa idea: hai posibilidades de vivir e traballar no rural, en proxectos baseados no patrimonio local que xeran riqueza social e axudan a manter o equilibrio ambiental.
Algunha outra reflexión que consideredes oportuna? Algunha pregunta que falte ou que queirades lanzar ó debate?
MaOs:Nada, que vos fagades as nosas amigas no Facebook e no Twitter e así poderemos seguir en contacto! Podedes encontralas na web de MaOs (http://maos.gl/). Sobre o Ruralactivo tendes información no Facebook (https://www.facebook.com/ruralactivo ) e no Twitter (https://twitter.com/ruralactivo).
 FV: A nós podedes encontrarnos na nosa web (http://feitoriaverde.com/). E como última reflexión, dicir que temos un rural moi rico en saberes, en recursos, en patrimonio e de nós, de todas e todos nós depende que siga vivo. Que nos queda sen contos e lendas, sen muiños, sen soutos e carballeiras, sen sementes e quen as semente?
Entrevista: María Masaguer
Edición e corrección: Adela Vázquez
Imaxes tomadas de redes sociais e páxinas web de MaOs e Feitoría Verde, as entrevistadas.
0 notes
praza-niquelarte · 11 years
Text
E ti? De que vives? Sobrevives?
Esta semana iniciamos cunha nova en Praza de luns negro. Unha chamada os lectores para que fagan achegas para o mantemento de tan necesario medio de comunicación independente da Galiza do futuro... do presente que diantre! Miramos a portada e bufamos. Igualiño a nós, pensamos, baixo a nube gris da precariedade.
Dende hai un par de meses andamos a cavilar sen parar en cuestións de financiamento. En como facer sostíbel o noso traballo. En como sobrevivir co que facemos. O noso "chiringuito" e o traballo colaborativo que con ganas tiramos adiante, até o de agora tense mantido con traballo gratuíto, cheo de emoción e de actitude, mais que acaba converténdose nun exercicio de auto-precarización cando se mantén no tempo, retomando o artigo no blog de Urbano Humano No Future! I'm Real. I'm Now.
Onte estivemos a pasar un boa tarde con Domenico di Siena, compañeiros de batallas, amigos e colaboradores na sesión dos mércores da plataforma de pensamento en rede ThinkCommons, á que hai uns meses Dome nos convidou, para falar do que estamos a argallar dende Niquelarte na Galiza, as redes físico-dixitais e glolocais e algúns dos proxectos en marcha como o #BIComun, que nace da fusión do BIC (categoría oficial de máxima protección de Ben de Interese Cultural) e o Procomún (aqueles bens que pertencen a todos, herdados e que se transmiten ao futuro...). Unha categoría mancomunada de protección patrimonial que liberamos na rede e que, por veces lígase e enrédase de novo con outros elementos químicos, coma neste caso o ThinkCommons, ligazón da que xurde o #BICommons.
Onte non tivemos tempo de falar de algo que é imprescindíbel nestes tempos e que está a ser un debate moi forte e intenso tamén no Níquel. Como é que sobrevivimos? Como conseguirmos ser sostíbeis no que facemos? Como vai evoluír o BIComun? Máis ben, como é que imos evoluír nós? Páganse as colaboracións?
Temos recorrido a varias fontes, petado en diferentes portas para procurar quen pode ter a capacidade de nos axudar a nos facer realmente sostíbeis. Estas son as nosas reflexións:
Administración Pública. Hai que diferenciar entre as administracións locais, provinciais (deputación) e estatais. Se es asociación, non podes estar nos tres rexistros e tes de decidir en que lugar xogas, definindo que o modo territorial ten un sentido que xa non ten neste mundo glolocal. Unha vez decides en que rexistro estás e cumpres toda unha serie de requisitos, podes comezar a ler pregos e convocatorias que sabes que terás que encher á velocidade da luz.
Na local non pidas moito, para ter opcións. Os seus tempos difiren dos dun freelance inestábel, un knowmada que procura ás veces vincularse ao territorio. Non hai canles de debate sobre os tempos e os modos de traballo e facturación. Debes moverte nun mundo híbrido no que os papeis oficias e esa facturación, ás veces nada ten que ver co que hai despois que facer na realidade; é para axustar as cousas disque. Así que código oficial, código de acordo entre a túa proposta e mundo oficial e código interno de estruturación. Triplicando traballo que nada ten que ver cos contidos-calidade real do proxecto. Non importa o que fagas, o importante é conseguir que o teu proxecto circule polas pantallas e venza os diferentes monstros burocráticos.
As convocatorias estatais en si mesmas son unha proba de resistencia e tenacidade na procura dun código, para poder inserir unha proposta a través da rede do ministerio enreda, e o que fai é que perdas tempo até límites insospeitados. Desgaste. Enfado. Baremos que non fomentan proxectos innovadores e colaborativos senón dinosauros da xestión cultural que se visten de innovación e industria creativa.
Tecido empresarial. Este é o eido menos explorado por Niquelarte, mais a experiencia que recollemos lévanos a pensar que na Galiza as PEMES andan un chisco xustas, e polo tanto sen un can para investir en responsabilidade social ou en coñecemento, embora estamos convencidas de ser este, o coñecemento, un piar fundamental para desenvolvemento destas pequenas e medianas empresas no futuro
Crowdfunding. Todos andamos a facernos achegas entre todos. Niquelarte apoia Fiare, Adtlántida.tv, Cinetínere e Praza a través do Níquel ou a título individual, mais tamén a nivel persoal cada un de nós, intentando rañar nos petos e facer números para apoiar, con 5 euros por aquí, e unha vaca de 25 por alí. Investimos neses proxectos que están por saír ou xa a funcionar e nós tamén cremos ou investimos cartos nos nosos propios proxectos pero están esperando poder facerse. Mais non estaremos perente a nosa propia burbulla (mais modesta que as do poder financieiro of course)? A burbulla do Crowfounding?  Dilemas. Cada BIComún precisa dunha achega pequena en material, pero detrás hai un traballo intenso, ideas, metodoloxía, mails cruzados, reunións polo hangout, en físico, idas e voltas, intercambios, etc.
Tumblr media
O traballo colaborativo tamén ten esta cualidade: que é mais lento e complexo, aínda que cremos que con mellores resultados. Ademais baséase nun acordo entre partes de como estruturalo; como armar tarefas e reflexións en conxunto que son papel de todos e de ningún; como orzamentar este traballo e, o máis difícil, como facturalo dentro dos cánones e partidas institucionais. Mais preguntámonos ata onde chegará esta capacidade de micro-financiamento e se é sostíbel. Se eses proxectos que funcionan precisan de toda unha rede para se publicitar, facelo posíbel, lograr que cheguen esas axudas, mentres outros fican atrás ou no esquecemento.
Institucións de formación superior. Un sistema pedagóxico anquilosado incapaz de xerar aínda liñas de investigación neste campo, están a morrer e precisan de reconstrución.
Todo son preguntas e, polo momento, poucas respostas. Pode que haxa un economista na sala ou un xestor cultural que queira botarnos unha man? Así nós poderemos centrarnos nas nosas programacións didácticas, nos nosos píxeles e imaxes gráficas, na nosa edición e escritos on-line, nas fotos, na montaxe conxunta das ideas, nas exploración e reunión física.
Se cadra o ecosistema do estado non é apropiado neste momento, pode que a emigración sexa parte dunha solución a facer cousas. Houbo unha época na que as escolas galegas bebían de ideas innovadoras traídas de alén do mar, duns inmigrantes con recursos que, sempre vinculados a súa aldea raíz, seguían procurando e traballando para construír mundos novos. Pode que teñamos que facer coma eles, coller as ideas innovadoras de aquí para alí, traballar e poñelas en práctica. Practicar a praxe naquela beira e despois, cando xa sexamos sostíbeis economicamente, voltar ás terras galaicas para artellarmos esas novas propostas educativas híbridas.
Tumblr media
Galiza sempre foi un país tropical e xa temos bailado a ritmo de cumbia ;)
Outro conto é tamén que de ficar precisamos deconstruír para seguir avanzando. E segundo nós, isto pasa por un proceso de politización. Non podemos seguir nada máis falando de cousas fermosas, de construír un mundo novo, de cousas en positivo. A realidade é gris e polo tanto precisamos facer fronte á hostilidade do sistema, hai que elevar a conciencia crítica e unirse non só para intentarmos construír alternativas ás cousas. Pode que a desobediencia baseada en redutos das leis que non se cumpren e un intento de posta en marcha de códigos dende o consenso social ligado ao territorio, sexan necesarios.
As lecturas de Zoopolitik, libro colectivo escrito en aberto, tamén son unha grande inspiración para nós.
Dende aquí abrimos o debate dalgo que cremos nos preocupa a todas. E despedímonos cunha viñeta que tomamos do link compartido polo noso compañeiro Germám Hermida e que chamamos A derradeira merda:
Tumblr media
Texto: Adela Vázquez, María Masaguer, Xúlio Zé.
Corrección lingüística: Xúlio Zé. 
0 notes